Fin de trimestre de medo

Decembro foi terrorífico, nunca mellor dito.

Pensaredes nos exames... pois non! Onde ían xa... e despois da avaliación, comezou a vertixe da escrita para o I Certame de Microrrelatos de terror (os nosos entrecruzaránse cos de Vilalba), no que alumnado e profesorado metían mooooito medo. 

Neste mosaico apréciase tanto a fase de produción como a de posta en común

Isto foi o ramo da biblio no 2022, onde houbo tamén neste trimestre club de conversa en portugués, hora de ler (cóntame un libro), e a xuntanza da sección de adultas do CL, onde os medos tamén atoparon oco. 

A conversa tivo como motivo central o xadrez, o origami...

Alumnado de 3º ESO presentando libros aos compañeiros


Estes foron as primeiras  lecturas deste curso das lectoras veteranas, que puxeron en común, ademais de unha manchea de propostas, algúns dos seus medos para unha composición colectiva. En breve colgarémola neste espazo. 
A seguinte xuntanza terá como referencias Tierra, de Eloy Moreno e A neta do señor Linh, de Philippe Claudel.

E aínda quedan para outra volta os obradoiros científicos e tecnolóxicos, que deron e van dar moito que falar! Dá gusto tanta actividade de calidade. 
O próximo 2023, máis!

Comentarios