Ven a biblioteca, poderás atopar aventuras, amor, risas, dramas, piratas, alieníxenas, ciencia, indios, bagoas, novos mundos por explorar...
Unha cova chea de misterios...atréveste!
MAGOSTO
Obtener enlace
Facebook
Twitter
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
-
Parece que vai chegando o frío pero
no IES Poeta Díaz Castro sabemos como combatilo: castañas e chocolate quente. Así pasamos o magosto
Xa ía sendo hora de retomar os nosos encontros... Nada mellor que unha pequena gran historia dun autor clásico, 'El corazón delator' de Edgar Allan Poe , para abrir unha nova xeira de lecturas compartidas en formato breve, agora que todo se mide tanto... os espazos, os tempos... os sorrisos que fican encubertos... A próxima xuntanza levaranos ás páxinas das Leyendas de Bécquer , tamén decimonónicas. Aquí nos tedes o pasado xoves... enmascarad@s e gardando distancia...
BIBLIO POETA DÍAZ CASTRO MENSAXE DE BENVIDA CURSO 2020/21 PICA ✋ A NOSA MENSAXE! A biblioteca do centro, está lista para arrancar un novo curso. Agárdannos novos proxectos nos que participar, novos obradoiros e moitos recursos que descubrir ao teu alcance. A túa biblioteca será un espazo no que demostrarás coñecer a fondo as pautas dos protocolos sanitarios e deberás poñelas en práctica con soltura!. Esas pautas serán a ferramenta esencial para que poidades acceder aos fondos e recursos da biblioteca sen poñernos en risco. Atende aos protocolos COVID colgados na páxina web do instituto , e pronto o equipo da biblioteca, estará a túa disposición para resolver calquera dúbida. Benvidos!
A BIBLIOTECA... máis necesaria ca nunca. A biblioteca do IES Poeta Díaz Castro mantense aberta, gracias á boa actitude d@s usuari@s á hora de poñer en práctica neste espazo os protocolos actuais en relación á situación de pandemia. A biblioteca esta viva e transformase para vivir esta nova realidade , achegando os fondos e recursos a tod@s cando máis se necesitan e facendo posible o traballo en equipo nela gracias a cooperación de todos os que "facemos biblioteca". Este curso manteremos a distancia, seremos prudentes, pero o noso obxectivo principal e facer vida neste espazo, para traballar nos diferentes proxectos por niveis . O noso lema; "Na distancia mais conectados que nunca" . A biblioteca virtual ou física, ao alcance de todos. Estamos argallando novas maneiras de conectarnos para chegar a cada familia, a cada compañeiro que precise de nós. Iremos contando as novidades con traballos audiovisuais de carácter inclusivo . Exemplo disto, este 2º v
Comentarios
Publicar un comentario