Leo porque o necesito para o meu traballo. Leo porque me entretén moito no tempo de lecer. Leo porque me gusta saber o que pasa no mundo. Leo porque quero aprender. Leo libros, leo revistas, leo xornais, leo prospectos de medicamentos, leo etiquetas de alimentos, leo, leo, leo….



Como consello de lectura vouvos a recomendar ler calquera libro pero, iso si, cun lector de ebooks. É un soporte magnífico para a lectura, cómodo, práctico, económico e versátil e creo que vai a ser a principal forma de ler nun futuro próximo (ao fin e o cabo o importante é o que les e non tanto o formato no que o fas).

J. Segura, profesor de Bioloxía e Xeoloxía

Comentarios

Entradas populares de este blog

O Club de Lectura inaugura curso na nova biblioteca

A BIBLIOTECA... máis necesaria ca nunca. 05/10/2020