
A historia desta clasificación comezou a última
semana de xaneiro cando se nos propuxo ao alumnado de ESO, asistir aos
obradoiros IMATXINA que se realizarían, en sesión de mañá, o martes 16 de
febreiro, para 1º e 2º de ESO, e o mércores, día 17, para 3º e 4º de ESO,
na sede da Fundación Barrié na Coruña e, posteriormente pola tarde participar
no concurso de Ligamats.
So poderíamos participar dous equipos de catro
persoas, cada un dos días, polo que o departamento de matemáticas decidiu que
participarían aqueles e aquelas de nos que máis entrenaramos ata o día do
concurso.
Pola mañá foron os obradoiros, atendidas por
monitores, había mesas, cada una con diferentes propostas: a mesa das
calculadoras, a dos tangrams
chineses, outra con espellos,… así ata oito. Xogábamos en cada una delas
durante 15 minutos e despois tiñamos que cambiar para ir a xogar a outra.
Pola tarde participamos 13 equipos no concurso de
LIGAMATS e nós clasificámonos para a final da zona de Coruña, xunto con outros
3 equipos… e de nove quedamos clasificadas.
Por iso temos que viaxar a Vigo, para participar na final galega.
Xa vos contaremos e pasaremos fotos
Comentarios
Publicar un comentario