O martes pola noite por fin colgaban na páxina do Auditorio de Galicia o programa do concerto ao que íamos asistir o Xoves 25 de Febreiro. Como bos alumnos de música investigabamos a contratempo acerca dos compositores que anteriormente non traballaramos en clase e o xoves, chegar coas notas claras nas nosas cabezas
Coñeceramos o "Romeo e
Julieta" de Prokofiev interpretado por grandes orquestras internacionais,
mais estabamos expectantes por ver como só uns músicos da banda municipal de
Santiago dirixidos por J.M Romero LLopis, serían capaces de defender obras de
tal envergadura. Non decepcionaron, cunha técnica depurada debuxaron con música
o momento final de Romeo, deixándonos paralizados en silencio absoluto nas nosas
butacas, como se fósemos nos mesmos os que tomásemos ese veneno. A narración
das paxases de "Hamlet" que fundiron na escena a voz falada da
narradora Ana Carreira coa banda, como
se fose un instrumentos máis, perdéndonos nunha complexa trama, que a verdade non
moitos seguimos, non vos imos enganar!! quizáis
pola complexidade e variedade de personaxes que presentaron. O broche final co
noso "Quixote", coa peza para banda de Ferrer Ferran, un despliegue
de virtuosismo nos ventos e gracia e imaxinación aportada pola percusión
ingeniosa utilizadas que convidaba a galopar xunto ao Fidalgo e Sancho Panza.
Repetiríamos?? sí!!...pero queremos máis e mellor, o próximo coa Filarmónica por todo o alto que ben o merecemos
e estamos preparados.
Comentarios
Publicar un comentario