Marzo, esa vertixe...

 Sumario de mes e medio a toda máquina:

- Club de conversa en portugués. O alumnado de 1º BAC sacou os 'baralhos' á mesa...


- Día de Rosalía. Veunos algo xusto, despois do Entroido, pero vaia... sen celebrar non quedou! Houbo estrelas para a poeta e recreacións cos seus versos. Acabouse o de ler sempre o mesmo poema!

Alumnado de 3º ESO coas súas estrelas para Rosalía, proposta de Sandra
e rapazada do clube de lectura, no recreo, compoñendo poemas con versos soltos de Rosalía

Alumnado de ciclo medio e convidad@s: antes e despois de 'soldar' versos soltos de Rosalía

Lecturas dos microrrelatos de terror, dous recreos á semana. Rematamos as quendas de visitas dos autores/as o mércores 22 de marzo. Aquí tedes unha mostra dese percorrido lector colectivo.






- E non baixamos en ritmo en abril... que veñen as vilariñas!

Comentarios