Todo son contos

Primeiro escribir e despois ler.
Cada cousa ao seu tempo. 
As autoras e os autores deste instituto están sendo convidad@s a participar nun encontro co público lector para falar da súa creación. Polo de agora houbo tres chamamentos, con moito éxito. A próxima semana seguiremos coas lecturas dos microrrelatos o luns e o xoves, no recreo. Aquí tedes un exemplo desta dinámica, coa gañadora do accésit de adultos.

Hugo Sanmartín, accésit na categoría B, falounos do seu relato

Aquí con María Gómez, 1º premio de adultas, e Marbelys Lara

A sección de maiores do clube de lectura tamén se reuniu nestas datas para comentar o Tierra e A neta do señor Linh. Coma sempre, a xuntanza deu para bastante máis que falar de libros... grazas polo convite, Anabel!

O clube de conversa segue dando que falar en portugués. Desta volta, non demos puntada sen fío!

E aínda máis: o alumnado de FP Básica e do Ciclo Medio de soldadura animouse a escribir relatos a partir dalgúns debuxos de Cousas de Castelao, para o certame que promoveu dinamización. Dá xenio velos.

Ciclo Medio de Soldadura e equipo de biblioteca, proceso de escrita e produción final

Relatos do alumnado de FP Básica sobre debuxos de Castelao

Seguiremos informando. Atendede ás convocatorias!

Comentarios