Arredor das palabras

Rematou o curso coa II Feira de Proxectos, que ademais foi unha Xornada de Portas Abertas. Entre os distintos proxectos que foron presentados ao público estaba 'Arredor das palabras', espazo no que alumnado colaborador da biblioteca e algunhas profes dos departamentos de linguas amosaron as distintas posibilidades lúdicas e creativas da lingua e a literatura. 

O alumnado colaborador recibe a un dos grupos de visitantes

José Fernández fala dos certames de Microrrelatos e Vilariñas

Nora Tomé refire en que consistía 'O meu metro cadrado'

Elba Sanmartín explicou a actividade do Día da Ilustración

Panel resumo das actividades de creación realizadas este curso.

Foi un excelente escaparate de actividades tan exitosas este ano como os certames de Microrrelatos e de Vilariñas. 

Vilariñas gañadoras do IES Poeta Díaz Castro

E o próximo ano, máis lecturas e escrita!

Lede e creade moito no verán, biblioguitiricenses 😆

Helena Hang Fernández Quintela, Marta Pumares e Sara Basanta

Antía López Martínez, Nasira Barrio e Nerea Blanco


Comentarios