OBRADOIRO DE POESÍA

Hai xa case un mes que estivo con nos Dores Tembrás, filóloga e escritora galega, para adentrarnos na cociña da escritura e argallar nas entrañas da palabra, das palabras pequeniñas e cotiás, explorando as súas potencialidades emotivas, esas que as conectan co noso mundo máis íntimo e que transforman a realidade na "nosa" realidade, a máis persoal, a intransferible, nunha realidade única. Con Dores Tembrás viaxamos ao mundo do sensible, ao mundo da creación poética. Unha experiencia moi interesante co alumnado de 1º e 2º da ESO que, entre outras cousas, permitiunos recordar que a "inspiración" só nos asalta cando estamos traballando. Se queresde ver algúns froitos do obradoiro premede aquí

Comentarios