RECITANDO POESÍA

O sábado 18 acudimos ao concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva” convocado pola Casa Museo de Manuel María. Antes fixemos na biblioteca un “miniconcurso” de recitdo para escoller aos nosos representantes. Quedamos sorprendidos pola cantidade de alumnas, e tamén algúns alumnos, que se animaron a recitar. A escolla non foi doada. Ao final foron a Laura Filgueiras e Irea Calvo a escollidas na categoría de secundaria e Alba Morado e Andrea Teijido nas de Bacharelato. 


E xa que mañá é o día da poesía nada mellor para celebralo que ler e escoitar poesía

Comentarios