Fomos ao festival... de poesía!

Pois si, foi o peche estelar do curso, poeticamente falando, ser teloneir@s do Iº Festival de Poesía Guitirica... o alumnado de 3º e 4º ESO achegouse na mañá do venres 11 de xuño ata a Casa Habanera para visitar a exposición de Xela Arias, e tamén para recitar os seus versos e mesmo interpretar algún musicado. O escenario non podía ser máis acaído!

3º ESO A coa profe de música, interpretando un poema de Xela Arias

4º ESO, entre poemas de Denuncia do equilibrio e as súas mensaxes secretas....

Así cantamos coma trobadores polas prazas e rúas de Guitiriz, non houbo mascarillas que calasen as nosa voces e recitados.

                   Interpretando poemas de Xela Arias e Manuel María

E para o ano, contamos estar xa na sección oficial do festival, somos poetas!

Comentarios