Josefina Aldecoa morreu onte ó 85 anos. Josefina Aldecoa foi pedagoga, escritora e sobre todo unha entusiasta da educación, do ensino. Puído levar a práctica as súas propostas pedagóxicas, fundamentadas na Institución Libre de Ensinanza e nas reformas e experiencias educativas da Segunda Republica, no colexio Estilo (1959) de Madrid, unha illa de ensino laico, moderno no mediocre panorama educativo español da época. A súa paixón polo educación quedou ben recollida na súas novelas, especialmente  en Historia de una maestra (1990), libro de lectura case obrigatoria para mestres e profesores. As esperanzas, os sonos, de quen crían que a educación era o piar básico para o desenvolvemento dos pobos, a loita por modernizar o sistema educativo, as misións pedagóxicas, etc. marabillosamente relatado a través da vida de Gabriela, unha mestra entregada o seu traballo,as máis das veces en difíciles circunstancias.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O Club de Lectura inaugura curso na nova biblioteca

A BIBLIOTECA... máis necesaria ca nunca. 05/10/2020