contra a violencia de xénero

MÚSICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
O pasado 25 de novembro atopabamos unha razón estupenda para baixar a tocar ao hall do centro no recreo; arroupar coas nosas voces a interpretación  da estrea  de "Néboa" un tema de loita contra a violencia de xénero, composto integramente pola nosa profesora  Sandra Tenreiro.

Que mellor forma de celebrar a Semana da Música, utilizando a forza expresiva desta linguaxe, para enviar unha mensaxe importante, aínda que mellor que contarvos de que vai este tema, convidámosvos a escoitar a historia dunha muller que decidiu cambiar a súa vida:"Botarei de novo a andar cara un lugar, onde o vento pase acariñándome. Buscarei esa quentura do fogar, para derreter xeadas interiores".


Comentarios

Entradas populares de este blog

O Club de Lectura inaugura curso na nova biblioteca

A BIBLIOTECA... máis necesaria ca nunca. 05/10/2020