Notan, Vilariñas e moito mais neste mes de abril.



Notan. Dos haikus a expresión poética visual.


Neste mes de abril, rebosante de actividade, presentamos a exposición coordinada pola profesora Silvia Vivero, na que o seu alumnado de Educ. Plástica 1º ESO, inspirado na obra de Xavier Seoane " A Pola Branca", crea coa técnica "Noten": recortando en branco e negro coas súas tesoiras, xogos xeométricos,  moi creativos  asociados aos micropoemas deste libro. Bo traballo artistas de 1º da ESO.!. Non esquezades visitar esta xoia visual e poética!

Seguimos con mais cousas;

As Vilariñas asolagan as aulas e a biblioteca escolar.

Xa estamos recollendo nos grupos e na biblioteca as Vilariñas creadas polo alumnado do centro. Apurade os últimos detalles das vosas composicións. Pronto saíran cara Vilalba, para sorprender aos nosos veciños da biblio do IES Basanta Silva. Agardamos impacientes aquí os seus traballos.

Atención! o prazo límite de entrega das Vilariñas e o 3 de Maio, pasade pola biblio para entregalas xunto coa autorización. Por aquí xa quedan creando! . Adiante!






 

Comentarios