La noche estrellada / Jimmi Liao
Tamén na biblio, libros que non son exactamente cómic, nin poesía, nin narrativa, nin libros que falen de arte, pero que teñen un pouco de todo isto.
Para perderse entre as súas páxinas e disfrutar da súas 86 maravillosas ilustracións
A noite estrelada fala do amor, a amizade, a natureza, a vida e a morte, a superación, a arte... e é á súa vez unha fermosa homenaxe ao pintor Van Gogh: A protagonista, unha nena que acaba de perder ó seu avó, recupera, da man dun neno solitario, a libertade, o sabor da naturaza e a alegría de vivir.
Para perderse entre as súas páxinas e disfrutar da súas 86 maravillosas ilustracións
Neste video, tés un pedaciño da adaptación en debuxos animados doutra das súa obras, “El pez que sonreía”, que recibiu o Premio Especial á Mellor Curtametraxe de Animación do Festival Internacional de Berlín, en 2006. Se queres ver a visión completa pincha aquí
Comentarios
Publicar un comentario