MICROMACHISMOS NO DEPORTE.


Os días 26 e 28 de marzo, o alumnado das seccións bilingües de Educación Física de 3º, 4º ESO e 1º BAC no tempo de lecer, fixemos unhas representacións na entrada do IES acerca de "Micromachismos no deporte".

En primeiro lugar, a profesora de Educación Física: Noemí xunto coa auxiliar de conversa: Elena, ensinaron ao alumnado vídeos famosos totalmente normalizados dos que antes non nos decataramos dos actos machistas que neles tiñan lugar.

Despois estivemos falando do tema e incluso nos comentaron experiencias persoais que elas viviran, como que en Arxentina as mulleres non podían acceder ao estadio a ver partidos de fútbol se non ían acompañadas con homes, con xustificacións tales como que podía ser perigoso para elas por iso tiñan que ir cun home que as protexera.
A partir de tratar o tema, dividímonos en grupos e cada grupo elixiu un micromachismo para representar mediante comunicación oral: inglés e comunicación corporal: expresión corporal; algúns dos micromachísmos que saíron no "brain storming" foron tales como: recibir un premio de menor tamaño por ser muller, vestimenta axustada para as mulleres, vestimenta de mulleres, ver e practicar deporte acompañadas,  insultos e "piropos" innecesarios, infravaloración nos logros deportivos das mulleres en xornais, TV e na sociedade en xeral...;todas elas actitudes normalizadas que nunca deberían sufrir as mulleres.



Con esta actividade aprendemos cousas tan interesantes como: 
- Traballamos a igualdade de xénero.
- Aprendemos a non normalizar os micromachismos.
- O Deporte é para as persoas non para os xéneros.
- Melloramos a comunicación en inglés.


Gracias pola aprendizaxe!

Alumnado de 1º BAC.

Se queredes coñecer máis desta actividade pincha AQUÍ.

Comentarios

Entradas populares de este blog

PARA QUE LES?

PARA QUE LES?

Memorias de Tristán Saldaña