Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Samaín

A festa celta do Samaín. Artistas e creadorxs.

Imagen
O Samhain, a festa gaélica e os seus artistas O alumnado do Poeta Díaz Castro mais creativo, presentou  hoxe os seus traballos, conmemorando o Samaín. Artistas no Samaín A súa imaxinaciòn deseñando cabazas cheas de cores e formas espeluznantes e sangrantes sorprendeunos. Tamén escribiron con detalle os textos describindo o seu traballo.  Outras alumnas e alumnos cociñaron doces terroríficos e receitas que daban detalle dos escalofriantes ingredientes. Todos pasaron e se atreveron a degustalos sen moito medo, xa que tiñan moi boa ou moi mala pinta. Curtas, actividades deportivas na pista e uns castañeiros voluntariosos de 2º de Fabricación e montaxe,  prepararon tamén uns ricos cucuruchos para a rapazada. Estas foron algunhas das propostas que amenizaron este día de festa e transiciòn otoñal.

Benvido MAGOSTO 2021!

Imagen
 MAGOSTO 2021 Benvido! O EQUIPO DE FP BÁSICA encargados do magosto, listos para asar as castañas. Mario e Adrián teñen todo controlado! Petan nas portas as pálidas mans da rapazada do centro, saíndolle os ollos fora das órbitas, hipnotizados polo cheiro das castañas no patio. O outono chega ao recibidor do centro, desde varios departamentos colaboran para encher este espazo de ourizos, mazás e as tradicionais cabazas. Hoxe as mans dos mortos son doces que acollen as visitas ocasionais no centro, gusanos e osos de morto na degustación de postres e receitas terroríficas feitas polas meigas e mortos vivintes das nosas aulas. Cine, contos e historias de medo na biblioteca. Fan de esta mañá unha xornada diferente. Tamén tivemos tempo de xogar! FOTOS MAGOSTO 2021 👆                         Grazas a todos polo traballo e axuda!!. Bo Magosto 2021!!

Os Concursos do Samaín petan na porta!

Imagen
  CONVOCADOS OS CONCURSOS do SAMAÍN  CALACÚS e DOCES TERRORÍFICOS CAL E A TÚA TERRORÍFICA ESPECIALIDADE? Consulta as bases na Biblio e na cartalería dos corredores do centro.   O 25 e 26 de Outubro  recolleremos a túa cabaza na biblioteca,  co teu número de biblio_usuario.    O venres 29 a primeira hora, trae o teu espantoso doce  cunha terrorífica receita  redactada por tí  Identifícate co teu número de Biblio_Usuario. Calquera dúbida! Pasate pola Biblio!

Medo do Medo. Botando medos fóra polo Samaín.

Imagen
MEDO do Medo. Xornada terrorífica a do Samaín. Acompañamos aos Clubs de Lectura , para reflexionar e botar os medos fóra!! Alumnado e profesorado valente tivo hoxe tempo de enfrentarse aos seus medos, abertamente, diante os demais!!. O medo, ferramenta de manipulación na sociedade actual, que decides?  Nós, xa non temos medo!! MEDO do Medo. Biblio Poeta Díaz Castro Resumo desta xornada terrorífica.