Lugo de letras
O alumnado da sección de poesía do Club de Lectura realizou unha saída a Lugo, para facer un percorrido literario. Comezou cunha visita guiada ao Vello Cárcere , onde se fixo un recitado colectivo. Logo, de camiño ao hotel Méndez Núñez , detivémonos ante as esculturas de Ánxel Fole e de Alfonso Rodríguez Castelao. Unha vez cafetería deste establecemento, recreamos a tertulia literaria que tiña lugar alí. Tamén se fixo referencia á presenza de Lorca nas súas instalacións, nas viaxes que fixo á cidade. Continuamos rescatando a obra e a figura de autores e autoras que tiveron relación con Lugo, como Luís Pimentel, Luz Pozo Garza, Ricardo Carvalho Calero, Marica Campo ou Darío Xohán Cabana. E xa despois de xantar, encamiñámonos a Outeiro de Rei onde visitamos a Casa de Hortas , para lembrar ao poeta Manuel María. Por esta vez, isto foi todo... en breve, retomamos as xuntanzas!