Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018
Imagen
EL SÍ DE LAS NIÑAS En esta obra de Leandro Fernández de Moratín se cuenta la historia de Doña Francisca, una chica que a sus 16 años es sacada del convento para que se case con Don Diego, un buen señor de 59 años. La historia transcurre en una posada de Alcalá de Henares donde la madre de Paquita, Doña Irene, y el prometido, Don Diego, van teniendo diferentes conversaciones para llevar a cabo el matrimonio sin contar en ningún momento con la opinión de la novia que está enamorada del sobrino de Don Diego y su amor es correspondido, aunque esto los adultos no lo saben. Entran en juego los intereses de Doña Inés que, como madre quiere un buen futuro para su hija, para ella, y para la casa, los de Don Diego, que más que amor busca una compañía, y los muchachos que deben obediencia a los adultos pero quieren vivir libres su amor. Aprecio la postura de Don Diego, que actúa con bonanza para dejar el camino a los jóvenes y la lucha que este mantiene con la madre de Doña Francisca pa
Imagen
LA MEMORIA DE LOS ÁRBOLES de Conchi Sanfiz Acaba de presentarse en Lugo a primeira novela da nosa compañeira Conchi Sanfiz, La memoria de los árboles .  O acto tivo lugar o venres 16 de marzo no centro cultural "O vello cárcere", un  espazo moi relacionado cun dos protagonistas da historia, Marcelo, republicano represaliado durante a Guerra Civil que, desde a súa reclusión na capital lucense, sinte nostalxia pola súa terra, Olba, espazo  simbólico co que a autora quere reivindicar o mundo rural e o seu ritmo lento e pausado. Precisamente nostalxia e lentitude foron as palabras máis repetidas na presentación da novela que foi realizada pola profesora Felisa Redondo Valín.  Nese día tan especial quixeron acompañar a Conchi profesores, ex-alumnas e alumnas de 1º BAC do instituto.

CONCURSO COCACOLA

Imagen
CONCURSO RELATO CORTO DE COCA COLA O venres pasado tocoulles ás alumnas de 2º ESO viaxar a Lugo para participar na 58ª edición do concurso de relato curto  Coca Cola en castelán.  Paula Balsa, Diana Balsa, Daniela García e Uxía Núñez foron á Facultade de Humanidades facer a proba acompañadas pola profesora de castelán Sandra Fernández.  Nesta ocasión o motivo de inspiración da súa historia foi unha brúxula.  Moita sorte a todas.

ROSALIA SEMPRE VIVA

Imagen
Finalistas no Concurso de Recitado Poético ROSALÍA SEMPRE VIVA 2018. O pasado 10 de marzo, as catro alumnas finalistas do IES POETA DÍAZ CASTRO, recitaron a Rosalía de Castro e Manuel María na Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei, participando con numerosos rapaces que viñan de centros de toda Galicia no CONCURSO DE RECITADO POÉTICO , " ROSALÍA SEMPRE VIVA" 2018.  Deixamos un pequeno video para que disfrutedes da intervención das nosas alumnas. Parabéns as nosas alumnas polo seu esforzo e superación. Na foto as rapazas finalistas: Laura Filgueiras, Carla Calvo, Mónica Filgueiras e Andrea Pérez. Recitado no insti para elexir aos finalistas

concurso cocacola

Imagen
CONCURSO RELATO CURTO COCA-COLA   Un ano máis os alumnos de 2º de ESO do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz estiveron presentes na  10ª edición do concurso de relato curto de Coca-Cola. Jaime Beres, Samuel Díaz, Ainara Barrul e Feifei Li desprazáronse o venres 9 de marzo ata a Facultade de Humanidades de Lugo acompañados pola súa profesora de Lingua Galega, Teresa,  e alí esforzáronse por facer un estupendo relato seguindo as inspiracións propostas polos organizadores. Moita sorte.