Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2016

MORREU IMRE KERTÉSZ

Imagen
Morreu Imre Kertész,   premio nobel de Literatura e un dos últimos supervivientes de Auschwitz. O alumnado de 1º de BAC do curso pasado achegouse a súa obra.   Teremos que repetir

JULIO VERNE

Imagen
O pasado xoves 17 de marzo, o profesor da Facultade de Xeografía, Miguel Pazos Otón, impartíu unha conferencia titulada “Xulio Verne e a Ciencia”, a que asistiu o alumnado de 4º de ESO, 1º BAC, FP básica e o de Literatura Universal de 2º BAC. Comezou o percorrido polas súas obras máis coñecidas, iniciado cunha breve introducción histórico-política e a contextualización do momento da Ciencia na súa época. Centrándose na obra distinguiu dúas partes: as novelas de viaxes extraordinarias e as novelas utópicas-filosóficas. Analizou polo miudo a presencia da ciencia e a boa documentación que Verne utilizaba para construir os seus relatos, entre os que destacou: “Cinco semanas en globo”, “Aventuras de tres rusos e tres ingleses”, (medición do arco de meridiano), “20.000 leguas de viaxe submarina”, (a tecnoloxía presente no submarino e a importancia da mar como símbolo de liberdade), “A volta ao mundo en 80 días” (as consecuencias que nas longas viaxes teñen os últimos acontecementos co

MOITA POESÍA, MOITA DIVERSION

Imagen
O pasado 8 de marzo estiveron connosco  María Lado e Lucía Aldao co seu espectáculo “Moita poesía e pouca diversión”. Gustou, moito,  moito. Ademais incluso apreciamos como dende a escola  podemos contribuír a formar poetas, si si, podedes velo  no segundo vídeo. Pero se os números crean vocacións literarias non hai problema pois xa temos sintagmas, morfemas, anáforas e  os mil usos do “se” para afogalas. Vale, vale e para asegurarnos que os alumnos miren cara adiante, ao futuro, nada como unha clase de historia. SEN ÁNIMO DE OFENDER

CONCERTO EN COMPOSTELA

Imagen
IV CENTENARIO SHAKESPEARE Y CERVANTES. O martes pola noite por fin colgaban na páxina do Auditorio de Galicia o programa do concerto ao que íamos asistir o Xoves 25 de Febreiro. Como bos alumnos de música investigabamos a contratempo acerca dos compositores que anteriormente non traballaramos en clase e o xoves, chegar coas notas claras nas nosas cabezas Coñeceramos o "Romeo e Julieta" de Prokofiev interpretado por grandes orquestras internacionais, mais estabamos expectantes por ver como só uns músicos da banda municipal de Santiago dirixidos por J.M Romero LLopis, serían capaces de defender obras de tal envergadura. Non decepcionaron, cunha técnica depurada debuxaron con música o momento final de Romeo, deixándonos paralizados en silencio absoluto nas nosas butacas, como se fósemos nos mesmos os que tomásemos ese veneno. A narración das paxases de "Hamlet" que fundiron na escena a voz falada da narradora  Ana Carreira coa banda, como se fose un instrument

LIGAMATS

Imagen
Este vindeiro venres, 4 de marzo, os alumnas de 2º ESO, Cristina Calvo, Carla Cancelo, Uxía López, e Isabel Saavedra, participaremos na   Final Galega   do concurso LIGAMATS , que se celebrará en Vigo, na sede da Fundación Barrié. A historia desta clasificación comezou a última semana de xaneiro cando se nos propuxo ao alumnado de ESO, asistir aos obradoiros IMATXINA que se realizarían, en sesión de mañá, o martes 16 de febreiro,  para 1º e 2º de ESO, e o mércores, día 17, para 3º e 4º de ESO, na sede da Fundación Barrié na Coruña e, posteriormente pola tarde participar no concurso de Ligamats . So poderíamos participar dous equipos de catro persoas, cada un dos días, polo que o departamento de matemáticas decidiu que participarían aqueles e aquelas de nos que máis entrenaramos ata o día do concurso. Pola mañá foron os obradoiros, atendidas por monitores,  había mesas, cada una con diferentes propostas: a mesa das calculadoras, a dos tangrams chineses, outra con espellos,… así