PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 30 de marzo de 2016

JULIO VERNE

O pasado xoves 17 de marzo, o profesor da Facultade de Xeografía, Miguel Pazos Otón, impartíu unha conferencia titulada “Xulio Verne e a Ciencia”, a que asistiu o alumnado de 4º de ESO, 1º BAC, FP básica e o de Literatura Universal de 2º BAC.

Comezou o percorrido polas súas obras máis coñecidas, iniciado cunha breve introducción histórico-política e a contextualización do momento da Ciencia na súa época. Centrándose na obra distinguiu dúas partes: as novelas de viaxes extraordinarias e as novelas utópicas-filosóficas.

Analizou polo miudo a presencia da ciencia e a boa documentación que Verne utilizaba para construir os seus relatos, entre os que destacou: “Cinco semanas en globo”, “Aventuras de tres rusos e tres ingleses”, (medición do arco de meridiano), “20.000 leguas de viaxe submarina”, (a tecnoloxía presente no submarino e a importancia da mar como símbolo de liberdade), “A volta ao mundo en 80 días” (as consecuencias que nas longas viaxes teñen os últimos acontecementos como a inauguración do Canal de Suez). Da segunda época destacou, entre outras, a novela “Os 500 millóns de Begún”. O alumnado participou de forma moi activa ao remate da conferencia realizando preguntas sobre aspectos da obra e do momento histórico no que vivíu o autor.


Por certo, tedes unha boa selección das obras de Julio Verne na BIBLIOTECA

No hay comentarios:

Publicar un comentario