Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2013

OBRADOIRO DE POESÍA

Hai xa case un mes que estivo con nos Dores Tembrás, filóloga e escritora galega, para adentrarnos na cociña da escritura e argallar nas entrañas da palabra, das palabras pequeniñas e cotiás, explorando as súas potencialidades emotivas, esas que as conectan co noso mundo máis íntimo e que transforman a realidade na "nosa" realidade, a máis persoal, a intransferible, nunha realidade única. Con Dores Tembrás viaxamos ao mundo do sensible, ao mundo da creación poética. Unha experiencia moi interesante co alumnado de 1º e 2º da ESO que, entre outras cousas, permitiunos recordar que a "inspiración" só nos asalta cando estamos traballando. Se queresde ver algúns froitos do obradoiro premede aquí . 

LETRAS GALEGAS NO MERCADO

Imagen
Para conmemorar o día das Letras galegas volvemos, outra vez, ó mercado de Guitiriz a ler poemas, cantalos, tocar música e sobre todo compartir este día con todos os veciños da vila. Pero ademais este ano quixemos facer este acto máis cercan ó pobo convidando a participación ó colexio de Lagostelle e a Escola de Música de Guitiriz. Alumnos do instituto e o colexio leron poemas de Xosé María Diaz Castro, Marica Campo, Manuel María,Rafa Villar, Eva Vaiga, Darío Xohan Cabana, Pilar Pallarés, etc. A parte musical correu a cargo de alumnos da Escola de música de concello, que interpretaron tres pezas tradicionais, e de alumnos de música do instituto, que interpretaron tres poemas de Xosé María Díaz Castro: “PENÉLOPE” de, “Coma un Río”, e  “A noite é...”, pertencentes o poemario NIMBOS. A música dos poemas está composta pola profesora do centro Sandra Tenreiro, pensada en todo momento para ser interpretada por alumnos de esta etapa educativa na que xa teñen conceptos básicos de harmoní
Imagen
Título: El capitán Alatriste Autores: Carlota e Arturo Pérez-Reverte Ilustracións: Joan Mundet Diego Alatriste é un soldado que participou nos Tercios de Flandes en época de Felipe IV, xunto co seu inseparable amigo Lope de Balboa. Este último morre en guerra e Alatriste debe coidar do seu fillo, Íñigo de Balboa, quen xunto a Francisco de Quevedo, entre outros, se encargarán de salvarlle a vida máis dunha vez por algunha conta pendente co temido inquisidor fray Emilio Bocanegra. É un libro cheo de aventuras e acción, ideal para coñecer a vida na España do século XVII. Aínda que cada personaxe me parece interesante pola súa faceta no libro, o que máis me gustou sen dúbida foi Francisco de Quevedo. Era un home que non tiña medo a proclamar todas as súas ideas e descontentos coa nobreza, e criticaba a Felipe IV en moitos dos seus poemas e sonetos, por iso a miúdo estaba encarcelado. Hai moitos momentos que me gustan do libro, pero os dous que máis destacaría serían estes:

Propostas das lectoras

Imagen
TÍTULO: El lector AUTOR: Bernhard Schlink EDITORIAL: Anagrama          Michael Berg es un chico de quince años, un día al regresar a casa del colegio se encuentra mal y empieza a vomitar. Rápidamente acude a ayudarlo una mujer la cual lo lleva a su casa para limpiarlo, la mujer se llama Hanna, es revisora de tranvía y tiene treinta y seis años. Inician una relación amorosa en secreto. El chico era muy mal estudiante y Hanna le dice que si no estudia se dejarán de ver, así que no se lo piensa dos veces y se pone a estudiar todos los días después de verla. Sus encuentros comienzan con Michael leyendo en alto un trozo de diferentes libros. Durante varias semanas siguieron con sus relaciones sexuales y sus lecturas apasionadas hasta que un día la mujer desaparece sin dejar rastro.          Siete años después Michael es un estudiante de Derecho y acude al juicio contra cinco mujeres acusadas de crímenes de guerra nazis, especialmente de un incendio ocurrido en una iglesia donde e