PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 15 de mayo de 2013


Autores: Carlota e Arturo Pérez-Reverte
Ilustracións: Joan Mundet

Diego Alatriste é un soldado que participou nos Tercios de Flandes en época de Felipe IV, xunto co seu inseparable amigo Lope de Balboa. Este último morre en guerra e Alatriste debe coidar do seu fillo, Íñigo de Balboa, quen xunto a Francisco de Quevedo, entre outros, se encargarán de salvarlle a vida máis dunha vez por algunha conta pendente co temido inquisidor fray Emilio Bocanegra. É un libro cheo de aventuras e acción, ideal para coñecer a vida na España do século XVII.
Aínda que cada personaxe me parece interesante pola súa faceta no libro, o que máis me gustou sen dúbida foi Francisco de Quevedo. Era un home que non tiña medo a proclamar todas as súas ideas e descontentos coa nobreza, e criticaba a Felipe IV en moitos dos seus poemas e sonetos, por iso a miúdo estaba encarcelado.
Hai moitos momentos que me gustan do libro, pero os dous que máis destacaría serían estes:
No capítulo 'El portillo de las ánimas', cando Íñigo de Balboa sae na defensa do capitán e dispara a un dos atacantes, xa que me parece un acto de valentía moi emocionante pola reacción seca pero no fondo agradecida do capitán, máis tratándose dun neno de 13 anos quen lle salvou a vida.
E tamén ao final do libro, no último capítulo 'El sello y la carta', xa que se ve cómo finalmente a valía e o coraxe de Diego Alatriste son recompensados ata polos altos cargos, a quen lles sería máis cómodo desprecialo e ignoralo coma se non pasase nada.

É unha obra moi recomendable, aínda que quizais para maior idade, xa que pese a ter un argumento non moi complicado, algunhas expresións ou ironías que se usan non son fáciles de captar para os 13 anos, dende o meu punto de vista. Pero é un libro sobre todo moi interesante polo ben que retrata a época.

 Eva Fernández Paderne, 2º ESO A

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada