Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

Historias que contar.

Imagen
A transición e reforma da nosa biblioteca  coa presenza de Eva Mejuto Aquí podedes ver o encontro con E va Mejuto na nosa biblioteca en obras . Foi o espazo perfecto para falar do tránsito do personaxe de 22 segundos , a obra de Eva Mejuto que leu o alumnado do club de lectura e 3º ESO. A autora pontevedresa mantivo primeiro un pequeno encontro co profesorado da sección de adultos do Club de Lectura: achegounos parte do material que empregou para documentarse en relación coa historia das irmás Touza en Rivadavia e falounos do proceso de creación de  Memoria do silencio.   Club de Lectura e alumnado de 3º ESO Logo tocoulle a quenda á rapazada, que tivo a oportunidade de escoitar como xurdiu a historia de Xela-Álex ata converterse en 22 segundos e de preguntarlle á nosa convidada todas as cuestións que lle suscitou a lectura desta obra. Ademais, descubriron que xa está escribindo unha segunda parte... tomamos nota para incorporala aos fondos da nosa biblioteca en

Máis sobre as nosas lecturas

Imagen
Aviso urxente:   Eva Mejuto  visítanos o 24 de xaneiro! Será nunha dobre sesión: xuntanza co profesorado que anda a ler -colámolo entre as outras propostas- Memoria do silencio , e co alumnado do Club de Lectura para comentar 22 segundos . Aproveitamos tamén este espazo para enlazar cun pequeno vídeo no que a rapazada asistente á actividade "Lecturas presenciais" vai encadeando historias que coñece despois da lectura dun fragmento de Guerra , de Janne Teller: o desastre de Chérnobil, por exemplo, ou as últimas películas de Batman... Tamén saíu na conversa a referencia a O agasallo de Anya, de Sabela Núñez Singala, que algúns tiñan lido.

Coñecemos a Shakespeare a través do xogo e a música de Prokofiev

Imagen
Coñecemos a Shakespeare a través do xogo e a música de Prokofiev   Comezamos o ano con forza traballando na aula de música  o Ballet de Prokofiev "Romeo y Julieta" , mais metémonos na pel da compañía" Per Poc Marionetas" para entender a arte maxistral de manexar uns monicreques no escenario e xogamos coma nenos pequenos seguindo os textos Shakespeare na clase e a música de Prokofiev.   Grupo de 3º interpretando unha das pasaxes. Descubrimos o texto da obra literaria desde outra perspectiva . Facemos a lectura dramatizada dalgunhas das partes, asociadas aos movementos e seccións do Ballet. Deixámonos levar pola música e damos vida aos nosos improvisados monicreques.      Alumnos do Obradoiro de Musica de 1º ESO . En base ao seu traballo en aula algúns alumnos afortunados puideron onte disfrutar no Auditorio de Galicia da interpretación de Romeo e Julieta de Prokofiev a cargo da RFG e a sutil dirección de Maximino Zumalave cos monicreques de Per Poc. O papel da mulle

Ceibar o lobo

Imagen
MINUTO LIBRO,  na hora de ler dos venres. Eva Teijeiro, a nosa profesora de lengua, fai unha presentación do libro " As estacións do lobo" de María Reimóndez , para que vos animedes a participar nesta nova sección na hora de ler dos venres. Agardamos que vos animedes a compartir o que estades lendo cos vosos compañeiros cada venres, cunha breve presentación dun minuto, en directo na vosa aula, ou enviándo un vídeo a biblioguiti@gmail.com.

Lecturas que dan moito que falar

Imagen
Aínda que non nos deixamos ver moito nas redes, o Club de Lectura segue moi activo: este curso xuntámonos todas as semanas, con distintas actividades. Facemos agora un breve resumo do noso primeiro trimestre lector: Aquí estamos nunha das sesións de comentario do libro Contos por palabras de A. Fernández Paz, a primeiro que lemos na sección de "lecturas compartidas".  E na imaxe inferior aparece a sección de adultos, que iniciou a súa xeira este curso. As obras das que se falou nesa xuntanza, foron Instrucións para tomar café de Núñez Singala e Guerra , Janne Teller (que tamén a está lendo a rapazada que participa na sección de "lectura presencial".  As seguintes obras nesta sección son: Outra idea de Galiza , de Miguelanxo Murado e La vuelta al mundo de un forro polar rojo , de Wolfgang Kom. Neste caso as dúas son lecturas que anda a ler tamén o alumnado de distintos cursos. Calquera día, convidámolos a unirse a nós...