Lecturas que dan moito que falar

Aínda que non nos deixamos ver moito nas redes, o Club de Lectura segue moi activo: este curso xuntámonos todas as semanas, con distintas actividades.
Facemos agora un breve resumo do noso primeiro trimestre lector:
  • Aquí estamos nunha das sesións de comentario do libro Contos por palabras de A. Fernández Paz, a primeiro que lemos na sección de "lecturas compartidas". 

  • E na imaxe inferior aparece a sección de adultos, que iniciou a súa xeira este curso. As obras das que se falou nesa xuntanza, foron Instrucións para tomar café de Núñez Singala e Guerra, Janne Teller (que tamén a está lendo a rapazada que participa na sección de "lectura presencial". 

As seguintes obras nesta sección son: Outra idea de Galiza, de Miguelanxo Murado e La vuelta al mundo de un forro polar rojo, de Wolfgang Kom. Neste caso as dúas son lecturas que anda a ler tamén o alumnado de distintos cursos. Calquera día, convidámolos a unirse a nós...

Comentarios