Entradas

Mostrando entradas de abril, 2015

Propostas das lectoras

Imagen
TÍTULO: INSURGENTE AUTORA: VERONICA ROTH Este é o segundo libro dunha saga formada por Divergente , Insurgente e Leal. O libro comeza tal e como acabou o anterior, con todos os protagonistas escapando nun tren para a facción de Cordialidade, onde se refuxiarán para que os aliados de Jeanine Mathews (a líder de Erudición) non maten a Tris e a Tobías polo feito de ser diverxentes. Durante todo o libro estes dous protagonistas teñen que cambiar de refuxio, pasando por moitas faccións e coñecendo novas costumes e formas de vivir destes. Tris, tras un acto de valentía e honradez, decide presentarse ante Jeanine para que cese a busca de diverxentes; unha vez alí realízanlle probas para saber como funciona o seu cerebro e cren matala, pero o seu inimigo Peter decide axudala a reunirse con “Cuatro” (Tobías) para que eles e un gran número de abandonados e ousados se rebelen contra os traidores. Ao final deste emocionante libro, que se sitúa nunha guerra de faccións, revélase o “verdad

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
SIN DESTINO INRE KERTÉSZ Sin destino trasládanos á Hungría de 1944, na cal un rapaz xudeu de quince anos é deportado a un campo de concentración nazi e tense que enfrontar a unha situación completamente nova para el. Ata aquí Sin destino semella unha historia máis na que algún supervivente ao holocausto nos conta en primeira persoa, ou a través dun personaxe que o representa, as calamidades alí vividas. Por unha banda isto é certo, Imre Kertész cóntanos a súa historia a través da personaxe de Gyürgy Küves, pero o que chama a atención dende o minuto un da obra é a actitude do protagonista. Nun principio vemos a un rapaz perdido, ao cal todo lle parecía estraño e a veces mesmo indiferente, dende a marcha de seu pai para un campo de traballo, ata o feito de acabar indo el para un. Para o noso protagonista, todo tiña un aspecto positivo e o seu principal obxectivo dentro dos distintos campos de concentración nos que estivo era o de ser un bo preso. Ao longo da obra v

OBRADOIRO PORTUGUÉS

Imagen
O.P.S! Obradoirode português Simples Na segunda feira, día dezassete, tivemos no instituto um obradoiro de português, ao que acudimos os alunos de português e uns poucos de francês. O homem que veio ensinar-nos era simpaticíssimo e teve muita paciência com nós. Ensinou-nos a ler bem em português e tanbém quando se escreve vírgula, acento, etc.  Fez-nos uma prova de uma canç ao para escutar ... Foi muito divertido!!! Aida Covas 2º ESO A