PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 13 de abril de 2015

Propostas das lectoras

TÍTULO: INSURGENTE
AUTORA: VERONICA ROTH

Este é o segundo libro dunha saga formada por Divergente, Insurgente e Leal. O libro comeza tal e como acabou o anterior, con todos os protagonistas escapando nun tren para a facción de Cordialidade, onde se refuxiarán para que os aliados de Jeanine Mathews (a líder de Erudición) non maten a Tris e a Tobías polo feito de ser diverxentes. Durante todo o libro estes dous protagonistas teñen que cambiar de refuxio, pasando por moitas faccións e coñecendo novas costumes e formas de vivir destes. Tris, tras un acto de valentía e honradez, decide presentarse ante Jeanine para que cese a busca de diverxentes; unha vez alí realízanlle probas para saber como funciona o seu cerebro e cren matala, pero o seu inimigo Peter decide axudala a reunirse con “Cuatro” (Tobías) para que eles e un gran número de abandonados e ousados se rebelen contra os traidores. Ao final deste emocionante libro, que se sitúa nunha guerra de faccións, revélase o “verdadeiro” motivo polo cal existe este sistema e a función dos diverxentes dentro desa sociedade.
Neste libro encontraredes amor, traizón, rebelión, amizade, moita acción... narrado dentro dunha sociade do futuro.

LUCÍA CAMPOS GONZÁLEZ 2ºESO B

No hay comentarios:

Publicar un comentario