Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Celebracións

DÍA DA MÚSICA

Imagen
Día da Música 22 de Novembro “ Xuntanza Espontánea en Re mayor”. Os músicos de 3º da ESO templaran os seus instrumentos de vento, memorizaban notas e pasaxes de última hora... as guitarras de 4º punteaban para ir sacando os nervios fora e quentar os dedos para chegar a facer os novos acordes estudados. As tres voces solistas, uniríanse por primeira vez nunha única voz para expresar a mensaxe de esta peza tradicional...”Ancares” . A verdade... e que non sabíamos si seríamos capaces de comezar e rematar xuntos en condicións, xa que era un 1º ensaio para todos, pero sendo ou non crentes,... está claro que a patrona da música Sta Icía, intercedeu por nós e ...velaí tedes o resultado final.

DÍA MUNDIAL DEL LIBRO

Imagen
Hoxe celebramos o día mundial do libro. Nos imos celebralo … lendo. Non podía ser doutra maneira. Imos cargadiños de contos ós colexios de Guitiriz , A Castellana e Parga, para compartilos cos máis pequenos. Os vicios hai que collelos pronto. Xa vos contaremos como nos foi. Ah! Si queres saber por quese conmemora hoxe o día do libro pincha aquí  De momento vos deixamos con este vídeo publicado por http://loslibrostienenalma.blogspot.com.es/ E tanto que os libro teñen alma, mirade isto. Chega dende Toronto da man de Sean Ohlenkamp e a súa dona. Gracias a biblioteca do CEIP Santiago Apóstolo de Franza-Mugardos por pasalo. Subido por crazedadman el 09/01/2012

Dia bibliotecas escolares

O 4° luns de outubro celébrase dende 1999 o Día Internacional da Biblioteca Escolar. Foi establecido pola IASL (International Association of School Librarianship / Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares con sede en USA: www.iasl-slo.org). Dende 1997 estableceuse o 24 de outubro como o Día da Biblioteca. Este ano coinciden. Para nos non hai mellor forma de celebralo que lendo e recomendando libros. Nesta ocasión libros que son protagonistas de libros, que falan de libros …. Open publication - Free publishing - More bibliotecas

DIA INTERNACIONAL DA PAZ

Imagen
          O 21 de setembro celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Paz . A Asemblea Xeral declarou que este é un día dedicado a fortalecer os ideais da paz, tanto no seo de todos os pobos e nacións coma entre eles. Este ano, en que o Día se celebra por trixésima vez, o tema é " Paz e democracia: fai que a túa voz se oia ". Xa sabemos que está moi visto pero… un dia como hoxe tiña que soar           Parece que os desexos de Lennon están aínda moi lonxe de se cumprir. Aquí tes información dalgúns dos conflitos deste ano

COMPARTINDO CONTOS (II)

Imagen
Aquí tedes o conto “A que sabe a lúa” lido por Amanda, Isabel, Lidia e Lucía no Colexio de Guitiriz para ós alumnos de Infantil. Ós maiores gustounos tanto coma ós pequenos.

COMPARTINDO CONTOS (I)

Imagen
A inicios de outubro con motivo da selección de candidatos para o “Ler e escoitar” sorprendeunos a cantidade de rapazas, e algún rapaz, participaron con entusiamo nas lecturas en voz alta .  Nos encontros de bibliotecas escolares celebrados en outubro vimos como outros centros (I.E.S de Sansenxo e I.E.E de Porto dos Son) organizaban con alumnos de secundaria lecturas de contos para os colexios de primaria do seu contorno. A idea pareceunos moi interesante e xa que tíñamos voluntarios nos puxemos mans a obra.          Presentáronse 34 alumnas e un alumnos. Nos puxemos en contacto cos colexios  de Guitiriz, Parga e  A Castellana que acolleron ben a iniciativa. Tivemos que formar varios grupos para cubrir os tres colexios da zona e os diferentes niveis de infantil e primaria nos que se realizarían as lecturas. Cada grupo escolleu dous ou tres contos e prepararon as lecturas. (Usando o seu tempo libre, os recreos, e tamén algunhas cl...

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Imagen
O venres 1 celebramos por adiantado o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Na Hora de Ler , ese día en todas as aulas do centro os alumnos leron o Manifesto pola lectura da escritora estoniana Aino Pervik. Tamén aproveitamos para ler e comentar o conto de Hans Christian Anderser O traxe novo do Emperador. Aquí podedes ver algunhas imaxes do acto nunha aula. 

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Imagen
               O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen . Todos os anos a OEPLI (Asociación Española Para o Libro Infantil e xuvenil) encarga a un un debuxante un cartel para anunciar o día e a un autor un manifesto en prol da lectura  para ler en público         Este ano foi a escritora estonia Aino Pervik a encargada de redacta o Manifesto pola lectura. O cartel é do artista Jüri Mildeberg .    Aquí o tes o cartel e o texto que se lerá en todas as bibliotecas o día 2 de abril. O libro lembra “Cando Arno chegou á escola co seu pai, as clases xa comezaran.”         No meu país, Estonia, case todo o mundo coñece esta frase de memoria.         Así comeza un libro. O título do libro é “Primavera”, que se ...

Entroido no Insti

Imagen
Unha vez máis celebramos o entroido coas Irmandades do Falo, e non o pasamos mal, non... Album de foto s Para ver máis fotos pincha aquí

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Imagen

Dereitos humanos

O dez de decembro celebramos o día dos dereitos humanos (esperamos que o resto dos días aínda que non o celebremos os respetemos e disfrutemos e axudemos a que se cumpran). Por si non os recordas:

Homenaxe a Uxío Novoneira

Imagen

Dia internacional do libro infantil e xuvenil

Imagen
Dende 1965 o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do Dia Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, día do nacemento de Hans Christian Andersen. Neste ano a OEPLI (Organización Española Para el Libro Infantil y juvenil) foi a encargada de organizar o concurso para seleccionar un cartel e unha mensaxe para este día. Os gañadores deste ano foron o escritor Eliacer Cansino e a ilustradora Noemí Villamuza , baixo o lema “ un libro te espera, ¡búscalo! Aqúi tes o cartel. Se queres ler o texto completo preme no lema.

Dia da Muller Traballadora

Imagen
Este ano,con motivo do Día da Muller Traballadora estivo con nós Claudio Rodríguez Fer nun acto organizado polo ENL. Contounos o que lle motiva a escribir (entre outra cousas as mulleres) e leunos algúns poemas sobre mulleres: mulleres traballadoras, mestras, mulleres represaliadas na guerra civil... e ata algún dos seus primeiros versos escritos na súa infancia. Comentounos tamén a súa interpretación do Poema “Penélope” do poeta Diaz Castro.A charla estivo moi interesante e o final tivemos un pequeno e animado coloquio.

Antroido no IES

Imagen
O v enres 12 de febreiro estiveron con nos para celebrar o Antroido As Irmandades do Falo ofrecendo un concerto. O acto foi organizado polo ENL do instituto e polo que podedes ver nas fotos foi todo un acerto. Si queredes saber máis deste grupo de Vilalba podedes entrar nos eu blog. Aquí tedes o enlace. http://irmandadesdofalo.blogspot.com/