Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

DIARIO DE ALERTA II

Imagen
Seguimos pechad@s na casa, pero temos enormes fiestras ao mundo : dende a noite dos tempos, os libros; agora, tamén as tecnoloxías que nos deixan viaxar e asistir a eventos aínda estando neste retiro involuntario. E nun día coma hoxe, non podemos esquecer ese espazo máxico sobre as táboas, onde todo pode ocorrer: o escenario teatral.  Por iso, dúas das nosas seguintes propostas relacionadas coa experiencia do encerro, son de teatro : máis aínda, son lecturas dalgún curso escolar no IES Poeta Díaz Castro no terceiro trimestre... si, nese que xa estamos! La Fundación ,  Antonio Buero Vallejo The mousetrap ,  Agatha Christie Ensaio sobre a cegueira , José Saramago Dos libros das imaxes ... ben, case mellor non dicir máis... indagade... pero mantede as distancias... hai contaxios moi perigosos...  ...seguiremos en contacto

DIARIO DE ALERTA I

Imagen
Vivimos unha situación excepcional. Somos @s protagonistas dun momento histórico. Dende a Biblioteca do IES Díaz Castro e o Club de Lectura Bibliolandia facémosvos un par de propostas para estes tempos difíciles. A primeira é que vos animedes a escribir un diario persoal en relación co que está a pasar ('Diario de alerta'). A  segunda, que rastrexedes nas redes para atopar obras (literarias ou cinematográficas) que conten experiencias de illamento semellantes. Non pensedes só nas epidemias e enfermidades, ampliade horizontes e animádevos a facernos chegar as vosas propostas ao correo ou a través dos vosos comentarios. Hoxe lanzámosvos cinco referencias ben diversas, ata nas linguas en que volas achegamos. curioseade: Diario de Ana Frank La peste , Albert Camus A neve interminable , Agustín F. Paz A metamorfose , Franz Kafka Twelve angry men (1957): tráiler e versión teatral (tamén podedes ato