Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

Clubes de Lectura para tod@s...

Imagen
Este outono deunos moita ocasión para falar de libros: o alumnado de 4º ESO seguiu adentando os relatos breves do s. XIX (na imaxe, sesión de comentario de 'El beso' de Bécquer e 'Vampiro' de Emilia Pardo Bazán); o alumnado de BAC iniciou a súa travesía poética con versos de Manuel Antonio e o colectivo Ronseltz; e os máis novos elixiron como primeira lectura El autobús de Rosa ,  con   Street Poems na recámara... Club de Lectura 4º ESO, 19 de novembro Club de Lectura de Poesía, 13 de novembro Club de Lectura 1º-3º ESO e FP Básica, 20 de novembro Xa vos seguiremos contando o noso periplo lector... estade atent@s!

Cabazas, Lume e Castañas

Imagen
  Cabazas, Lume e Castañas.   Este venres trece de novembro, foi o día elixido para facer o noso magosto coa axuda do alumnado de FP Básica . Eles foron os encargados de facer lume   e liberar así as almas, asando as castañas, en tempos de distancia e illamento social. A xornada de degustación, organizada por quendas, rematou coa entrega de BIBLIO PREMIOS SAMAÍN 20 ao alumnado do primeiro ciclo da E.S.O, protagonistas da decoración das cabazas máis creativas, que viñeron acompañadas de textos terroríficos para espantar os malos espíritos. Creadores das cabazas máis votadas. As cabazas gañadoras. Grazas a todo o alumnado que se animou a participar   e ao profesorado implicado para levar esta actividade adiante .