Érase un club de lectura dirimindo
Así andamos, super atarefad@s nos recreos para ver de elixir as mellores historias de terror e identidade de Vilalba . Tivemos que establecer orde e concerto porque non collía tanta rapazada que quixo participar como xurado. Alumnado xuri correspondente á categoría B (de 15 a 18 anos) Alumnado xuri correspondente á categoría A (ata 15 anos) Xa queda pouco para saber quen gañou, e para celebralo tod@s xunt@s na saída á Casa Museo Manuel María. Vaia planazo! A sección de persoas adultas reuniuse o xoves 11 pola tarde. Comentáronse as obras de lectura que pasaron de man en man dende decembro ( Cartas a Lucilio , de Séneca; A desaparición de Esme Lennox , de Maggie O'Farrell; Emigrantes , de Shaun Tan; Aromas , de Philippe Claudel) . Agora andan rodando Irene a porteira , de Xulia Pisón e Óscar Losada, e, por suposto, os Microrrelatos de terror e identidade 😍). Quedamos de xuntarnos en xuño, e para daquela as propostas son: As alumna...