Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2010

A selección das lectoras

Imagen
Estes son os libros que as vosas compañeiras e algún compañeiro (poucos, parece que xa pronto comezan a ler menos) compraron para a nosa biblioteca pensando en vos.     

A mercar libros!!

Imagen
A mercar libros para a nosa biblioteca! Biblio andaba algo aburrido pois di que xa leu todos os libros da biblioteca e quere máis. Nos sei si será certo, a min paréceme moito ler, pero, claro, el está todo o día alí metido. Se cadra hai algúns libros que no lle interesan,  que lle parecen aburridos, moi gordos…como a case todos, vaia. Como case sempre son os profes os que mercan os libros  esta vez decidimos facer algo distinto, a ver si así Biblio atopa algo diferente e máis ó seu gusto. Esta vez foron so alumnos os que mercaron os libros. É ala fomos cun selecto grupo dos nosos mellores e máis asiduos lectores. No FNAC vimos moitas cousas e moi interesantes. Despois de dar volta e voltas, de coller un libro, cambialo por outro,  coller outra vez o primeiro, consultar cunha compañeira, votar a deixalo, etc.  fixemos a nosa selección. Logo xuntámonos un rato na cafetería do librería e cada un ensinou ó resto os libros escollidos e explicou o por que da súa elección. Tras pasar 

premios literarios Arcebispo Juan de San Clemente

Imagen
O pasado 9 de novembro tivo lugar no IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, a entrega de premios literarios Arcebispo Juan de San Clemente . Alí estivemos. Seis alumnos do IES Poeta Díaz Castro, que participaran como xurado para a concesión dos premios, acompañados por dous profesores, leron a acta de resolución e fixeron entrega dos galardóns, xunto con outros compañeiros doutros institutos participantes, aos escritores premiados. Foi un acto conmemorativo entrañable no que tamén houbo lugar para o recordo de figuras tan sinaladas como José Saramago ou Mario  Vargas Llosa, ambos premio Nobel, que en edicións anteriores tamén foran recoñecidos co galardón San Clemente, ou, de escritoras do noso país de recoñecido prestixio como Rosa Aneiros. O acto rematou no Hostal dos Reis Católicos, nunha cea de confraternización entre todos os asistentes (escritores, editores, políticos, artistas plásticos...) na que os alumnos tiveron oportunidade de compartir mesa cos seus autores pr

Coidarse na rede

Imagen
Andas pola pola   rede?   seguro? Neste enlace tes uns bos consellos para manexarte na rede con seguridade. Fai clic no enlace http://www.deaquinopasas.org/      

CIENCIA PARA TODOS

Imagen
Parece que a Biblio doulle esta temporada pola ciencia. Será que foi á semana da ciencia ?  Algo terá que ver. Aquí van algúns libros que podedes atopar na nosa biblioteca (gracias Ana polas recomendacións). É hai moito máis. Pouco a pouco volos iremos presentando Cuestiones curiosas de química . Francisco Vinagre Arias; Mª Remedios Mulero; Juan Francisco Guerra . Alianza editorial O libro está formado por historias e cuestións cunha explicación baseada nos principios da química, sendo fáciles de entender ao asocialos a diferentes exemplos. As cuestións están divididas en tres niveis de dificultade: fáciles, medio e difíciles. La paradoja de Einstein y otros misterios de la ciencia resueltos por Sherlock Holmes. Colin Bruce.              Ed. Granica O autor é un físico que escribe novas aventuras sobre o detective Sherlock Holmes nas que ten que descifrar os paradoxas e principios da Física Clásica; da Física Relativista e da Física Cuántica para poder resolver crimes e misterios

PROPOSTAS DOS NOSOS LECTORES

Imagen
Lucía Roca recomenda La suma de los días de Isabel Allende Una vez más Isabel Allende nos sumerge en la magia de sus historias como si fuéramos un personaje más dentro de ellas. EL libro La suma de los días narra, al detalle, todas las experiencias que vive Isabel desde el momento que su hija Paula muere, dejándola sola con sus sentimientos. Este libro debería ser leído por todo el mundo ya que la autora hace un análisis profundo de sus sentimientos , algo muy interesante desde el punto de vista humano y, también, literario. Además, como ya dije, narra las experiencias vividas tras la muerte de un ser querido, algo a lo que todos nos podemos enfrentar a lo largo de nuestro camino por la vida. Lucía Roca 2º ESO A

Ciencia para todos

Imagen
No te perdas a esta entrevista con konstantín Novoleslov na que afirma que “La ciencia me divirte, es lo esencial”. Nada menos que un premio nóbel , so con 36 anos, e inda por riba parece que o pasa bomba. Pero, pódese alguén divertir coa ciencia e ademais facer investigacións tan serias e importantes como para gañar un premio nóbel. Parece que o arranque da investigación que levou a   Kostya (Konstantin Novoselov) e a Andre Geim cara ó premio arrancou no que eles chama os experimentos dos venres onde se meten no laboratorio “para probar cosas locas e divertirnos un poco en el laboratorio entes de ir a toma unas cervezas” según o propio Kostya. Se ve que a Gleim   vaille isto de se divertir coa ciencia pois xa foi merecedor do premio Ignobel por facer levitar unha ra nun campo magnético. Kostya cometa que si écerto que o factor sorte xogou un certo papel nos experimentos dos venres o máis importante na ciencia saber un onde está, saber o que se busca entender o que se descubre tr

PROPOSTAS DOS NOSOS LECTORES

Imagen
Amanda e Laura, dúas das vosas compañeiras de 3º de ESO, son moi aficionadas á lectura e queren compartir as súas impresións sobre os libros que acaban de ler . Se vos gustan as novelas policíacas e as de intriga, aquí tedes dúas posibilidades… “ DOS NIÑAS VESTIDAS DE AZUL ”, escrito por Mary Higgins Clark, narra la historia de dos gemelas que comparten, además de un asombroso parecido físico, una comunicación telepática que logrará que ambas salgan con vida del zulo en el que se encuentran secuestradas. Recomiendo este libro porque creo que el argumento de la obra no es común por lo que puede resultar muy interesante. Es un libro que ofrece un relato de misterio, pero muy diferente a la mayoría de obras de este género; mezcla misterio y drama de una forma muy heterogénea. Otras obras de la autora Mary Higgins Clark: “Por siempre mía”, “Perseguida por toda la ciudad”,  “Toma mi corazón”, “En defensa propia”. Amanda Papel mojado Juan José Millás         La historia parte de un ases

LA CATEDRAL César Mallorquí

Imagen
Telmo é un aprendiz de canteiro que desexa chegar a ser un mestre de obra coma o seu pai. Para conseguilo terá que facer un percorrido por toda Europa para completar a súa formación como imaxineiro. Pero o seu futuro cambia rapidamente despois dunha visita do seu pai a París. Telmo partirá cara Bretaña acompañado de tres vikingos que se fan pasar por canterios. Cando chega a Kerloch traballará na construcción dunha grandiosa catedral  que esconde un misterio relacionado coa Orden dos Cabaleiros da Águia de San Xoán dos Sete Selos.

LAS LÁGRIMAS DE SHIVA César Mallorquí

Imagen
Javier ten que marchar a Santander para pasar o verán  xa que o seu pai está enfermo de tuberculose. Alí vivirá cos seus tíos e as súas catro curmás. Unha delas, Violeta, acompañarao nas súas pesquisas para descubrir quen é a fantasmagórica presenza que habita a casa….

Matemáticos hoxe

Imagen
O mércores 27 estivo con nos o profesor Juan Manuel Viaño Rey, catedrático de matemática aplicada na Facultade de Matemáticas da USC. Desenvolveu a conferencia “Matemáticos hoxe”, dirixida aos alumnos de 4º de ESO e Bacharelato , Mostrounos como as matemáticas, en particular as desenvolvidas en Galicia, están inmersas en todo o que nos rodea desde os móbiles, as claves “paswords” que se utilizan para restrinxir o uso de acceso ás nosas contas de internet ou das tarxetas de crédito, ata a predición do tempo que se fai ut lizando o super ordenador “Finisterrae” instalado no campus universitario da USC en Santiago, ata estudos matemáticos para proxectos industriais como a fabricación de volantes de automóbiles ou estudos para mellorar a saúde bucodental das persoas, mediante a colocación das “estreliñas” que reposicionan a situación dos dentes nas mandíbulas. Por outra banda desmentiu a crenza de que os matemáticos teñen como única saída ser profesores, nestes momentos máis do 50% do

AS PELIS DE BIBLIO

Imagen
Seguimos con clásicos. Solo se vive una vez é a segunda película americana de Fritz Lang que conta a historia dun pequeno delincuente acosado pola policía despois de fuxir da cadea, onde estaba acusado inxustamente  dun asasinato que non cometera. A fatalidade impedirá, pese a súa vontade e sobre todo a da súa moza, demostrar a súa inocencia e o levarán por un camiño sen saída. Henry Fonda e Sylvia Siney protagonizan este estupendo drama.