PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 17 de noviembre de 2010

CIENCIA PARA TODOS

Parece que a Biblio doulle esta temporada pola ciencia. Será que foi á semana da ciencia?  Algo terá que ver. Aquí van algúns libros que podedes atopar na nosa biblioteca (gracias Ana polas recomendacións). É hai moito máis. Pouco a pouco volos iremos presentando

Cuestiones curiosas de química.
Francisco Vinagre Arias; Mª Remedios Mulero; Juan Francisco Guerra.
Alianza editorial
O libro está formado por historias e cuestións cunha explicación baseada nos principios da química, sendo fáciles de entender ao asocialos a diferentes exemplos. As cuestións están divididas en tres niveis de dificultade: fáciles, medio e difíciles.





La paradoja de Einstein y otros misterios de la ciencia resueltos por Sherlock Holmes.
Colin Bruce.           
Ed. Granica
O autor é un físico que escribe novas aventuras sobre o detective Sherlock Holmes nas que ten que descifrar os paradoxas e principios da Física Clásica; da Física Relativista e da Física Cuántica para poder resolver crimes e misterios e evitar asasinatos. Unha forma entretida de aprender Física e reflexionar sobre fenómenos non sempre fáciles de entender.

Tortilla quemada.
Claudi Mans       
Ed COLLEGI OFICIAL DE QUIMICS DE CATALUNYA
Non hai que ser químico para ler o libro. Neste libro atoparás as respostas a  moitas preguntas e posiblemente aclares conceptos que coñecías pero que non acababas de entender.







Cómo mojar una galleta.
L. Fisher      
Ed MONDADORI
Cunha linguaxe sinxela, o autor explica os fundamentos científicos, con anécdotas e boas doses de humor, de fenómenos cotiáns que, ás veces, son difíciles de comprender de xeito máis


El juego de la ciencia. Experimentos sencillos de química en la cocina.          
Michael A. Dispezio ED. ONIRO

A cociña da túa casa é un laboratorio de química. Os vasos e as olas poden ser as túas probetas, alambiques... Os materiais de uso cotián (sal, vinagre, azucre...) as substancias que te permitirán levar a cabo fascinantes experiencias e sentir a emoción dos antigos alquimistas.



Michael A. Dispezio ED. ONIRO

Experimentos sinxelos con materiais tan comúns como papel, cartulina, lápises de cores, plastilina...



¿Por qué el cielo es azul? La ciencia para todos.

J. Fernández Panadero Ed. Páginas de Espuma

Colección de 202 preguntas sobre distintos temas relacionados coa Ciencia contestadas de xeito moi sinxelo. Por que flotan os barcos? Que é a SIDA? Que fai a levadura?.....


No hay comentarios:

Publicar un comentario