Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como día do libro

O pracer de desescribir

Imagen
Biblio equipo KPACES. Biblio Poeta Díaz Castro 1º ESO Equipo Biblioteca Sairon así de contentos do Poeta Díaz Castro, para presentar no CEIP Plurilingüe de Lagostelle, as súas tres modalidades creativas de fanZine;    emocional, educativo e creativo. O biblio equipo KPACES Creativas e creativos de 1º da ESO , membros tamén da R adio Fábrica de Poetas, traballaron   a contra reloxo   para preparar un obradoiro de FANZINE “ Desescribindo  Fanzine”. A rapazada de 1º ESO, pasou d o perfil alumno ao perfil monitor , visitando o cole coa finalizade de invitar aos nosos compañeiros e compañeiras do Club de Lectura do C.E.I.P Plurilingüe de Lagostelle a despalabrase e desdibuxarxe, fanZineando. Letras brillantes debuxaban células, tarxetas de viaxes a países imaxinarios, historias e romanos, bicos e apertas plasmados nos fanzines, dedicados ao mellor curmá, a avoa ou a o irmán pequeno. Escribiron con faltas de ortografía, co...

Notan, Vilariñas e moito mais neste mes de abril.

Imagen
Notan. Dos haikus a expresión poética visual. Neste mes de abril, rebosante de actividade, presentamos a exposición coordinada pola profesora Silvia Vivero , na que o seu alumnado de Educ. Plástica 1º ESO , inspirado na obra de Xavier Seoane " A Pola Branca", crea coa técnica "Noten": recortando en branco e negro coas súas tesoiras, xogos xeométricos,  moi creativos  asociados aos micropoemas deste libro. Bo traballo artistas de 1º da ESO.!. Non esquezades visitar esta xoia visual e poética! Seguimos con mais cousas; As Vilariñas asolagan as aulas e a biblioteca escolar. Xa estamos recollendo nos grupos e na biblioteca as Vilariñas creadas polo alumnado do centro. Apurade os últimos detalles das vosas composicións. Pronto saíran cara Vilalba, para sorprender aos nosos veciños da biblio do IES Basanta Silva. Agardamos impacientes aquí os seus traballos. Atención! o prazo límite de entrega das Vilariñas e o 3 de Maio , pasade pola biblio para entregalas xunto c...

CREAcción Día do Libro 2021 " Isto non é unha biblioteca"

Imagen
  Isto non é unha biblioteca   Abril 2021, reflexións para o Día do Libro Isto non é unha biblioteca . O alumnado de 2º da ESO, na materia de música, estivo traballando o cine mudo e as posibilidades da linguaxe musical para expresar mensaxes e diferentes emocións, sen o recurso do diálogo . Estes alumnos que viviron o curso pasado o confinamento lonxe dos compañeiros e sen convivir na súa biblioteca, tiñan agora unha misión, coñecer a súa biblioteca e enviar unha mensaxe ao resto de compañeiros. Que ofrece este espazo ou que queremos ofrecer. O que foron as bibliotecas e o que queremos que sexan. Como transformala e que aspectos debemos ter en conta.  Este traballo audiovisual  que fixeron, forma parte dunha serie que chamamos  " NON TODO É BRANCO OU NEGRO" .  Reflexións sobre a diversidade, igualdade e inclusión  nas aulas e tamén na biblioteca escolar. Esta proposta fixo que se mergullaran neste espazo e que reflexionasen sobre a biblioteca que ...
Imagen
DÍA do LIBRO Para conmemorar este 23 de abril, día do libro, tan peculiar, nada mellor que escoitar o relato, case un poema, que nos agasalla a nosa compañeira de 1ºde Bacharelato, Alba Folgueira. O relato está construído a partir dos títulos de libros que seguramente moitos de vós xa coñecedes!! Grazas, Alba, pola túa aportación!!