O pracer de desescribir
Biblio equipo KPACES. Biblio Poeta Díaz Castro
| 1º ESO Equipo Biblioteca Sairon así de contentos do Poeta Díaz Castro, para presentar no cole as súas tres modalidades creativas de fanZine; emocional, educativo e creativo. |
O biblio equipo KPACES Creativas e creativos de 1º da ESO, membros tamén da Radio Fábrica de Poetas, traballaron a contra reloxo para preparar un obradoiro de FANZINE “ Desescribindo Fanzine”. A rapazada de 1º ESO, pasou do perfil alumno ao perfil monitor, visitando o cole coa finalizade de invitar aos nosos compañeiros e compañeiras do Club de Lectura do C.E.I.P Plurilingüe de Lagostelle a despalabrase e desdibuxarxe, fanZineando.
Letras brillantes debuxaban células, tarxetas de viaxes a países imaxinarios, historias e romanos, bicos e apertas plasmados nos fanzines, dedicados ao mellor curmá, a avoa ou a o irmán pequeno. Escribiron con faltas de ortografía, con excelencia, con letra grosa e fina. Escribiron pola marxe lateral e ao revés, rápidos e lentos, colorearon, coñecéronse e riron. Léronse os contos e as historias por acabar, desa mañá de traballo en equipo, que non van esquecer facilmente. Volver ao cole e sempre unha chea de emocións, e volver para compartir cousas novas aínda é mellor!.
O mellor de todo...Foron KPACES! Parabéns biblio equipos!.
Grazas compañeirxs de Lagostelle pola agarimosa acollida!. Volvemos seguro!.
Comentarios
Publicar un comentario