Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2019

Comeza a actividade con Fraguas en Guitiriz

Imagen
Exposición documental no IES Poeta Díaz Castro.  “Os nove anos de Fraguas en Lugo” Esta semana tivemos no noso instituto en Guitiriz, a exposición “Os nove anos de Fraguas en Lugo”  , que foi inaugurada o luns 23 coa presenza de  Xulio Xiz , un dos que fora alumno do autor homenaxeado polo Día das Letras este ano. As alumnas e os alumnos de 2º ESO B achegáronse hoxe a ela para saber máis sobre  este personaxe, nunha actividade de formación documental.Gracias a Marisé que fixo posible esta estupenda idea para abrir o curso.
Imagen
HORA DE LER. CURSO 2019/20 PAUTAS de REALIZACIÓN 1.  A HORA DE LER ; trátase de realizar 20 minutos diarios de LECTURA,  segundo o calendario do voso taboleiro, nun ambiente de aula tranquilo e respectuoso. NON é tempo de ESTUDAR OU PREPARAR DEBERES OU EXAMES. Si podedes aproveitar para ler as lecturas obrigatorias ou voluntarias. 2. Teredes unha BIBLIOCAIXA da que poder escoller as lecturas. Esta debe coidarse ao longo do trimestre, é traballo de tod@s. 3. SE CAMBIADES DE AULA NA HORA DE LER, o alumnado é responsable de levar consigo o libro de lectura para poder participar. 4. O alumnado que non participe deste tempo libre de lectura de forma correcta e respectando ao resto de compañeiros lectores, TERÁ QUE REALIZAR OUTRA TAREFA SE O determina PROFESOR/A DA AULA, para non molestar ao resto de LECTOR@S. 5. OS VENRES!!! MI NUTO LIBRO!! . Tempo… tes un minuto para falarlles aos teus compañeiros/as dunha das lecturas que fixeches ou   na que estás metido. TRAE O TEU
BIBLIOTECA Poeta Díaz Castro   NORMAS XERAIS. Na biblioteca debes manter unha actitude tranquila, respectando as tarefas que realizan outros compañeiros.   Manter a orde é cousa de todos, así que deixa cada cousa no seu lugar deixando os espazos utilizados e materiais recollidos e limpos. Notifica calquera anomalía co encargado, para que poidamos facer un mantemento axeitado.   Non podes comer o beber, faino antes de entrar, ou despois. Esta norma pode variar en grupos específicos como no club de lectura.   Debes seguir as indicacións do profesor ao cargo e no caso de ausentarse este, as do alumno colaborador que queda ao cargo da biblioteca.   Cada zona da biblioteca, ten unhas pautas, horarios e normas de uso para o alumnado, que poden variar en función das actividades. Antes de manipular os materiais, ordenadores e outros dispositivos e ferramentas, le atentamente as normas de uso e consulta as horas aberta