Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2025

A festa celta do Samaín. Artistas e creadorxs.

Imagen
O Samhain, a festa gaélica e os seus artistas O alumnado do Poeta Díaz Castro mais creativo, presentou  hoxe os seus traballos, conmemorando o Samaín. Artistas no Samaín A súa imaxinaciòn deseñando cabazas cheas de cores e formas espeluznantes e sangrantes sorprendeunos. Tamén escribiron con detalle os textos describindo o seu traballo.  Outras alumnas e alumnos cociñaron doces terroríficos e receitas que daban detalle dos escalofriantes ingredientes. Todos pasaron e se atreveron a degustalos sen moito medo, xa que tiñan moi boa ou moi mala pinta. Curtas, actividades deportivas na pista e uns castañeiros voluntariosos de 2º de Fabricación e montaxe,  prepararon tamén uns ricos cucuruchos para a rapazada. Estas foron algunhas das propostas que amenizaron este día de festa e transiciòn otoñal.

Bibliotecas e Adolescentes. Podcast

Imagen
  DÍA DAS BIBLIOTECAS  no Poeta Díaz Castro. Obradoiro Podcast " Bibliotecas e Adolescentes". Nesta última semana de outubro, o alumnado de 2º da ESO, comezou a traballar coa app Audacity na materia de música. Aproveitando os seus coñecementos e destrezas, gravaron uns podcast para a nosa biblioteca, invitando a reflexionar a importancia que estas teñen na vida dos adolescentes.  Nestes enlaces iremos colgando os seus traballos segundo os vaian editando. Investigaron cousas ben interesantes sobre a orixe, historia e importancia de este espazo de convivencia. Non deixedes de escoitar, paga a pena: 👆👆  Escoita os podcast en souncloud A lus do mundo               Podcast 2 Bibliotecas e Adolescentes

Catro anos KPACES. Novos puntos de partida.

Imagen
  KPACES e punto . Deseño, creatividade e ilusión. Por cuarto ano consecutivo, na biblio do Poeta Díaz Castro, buscamos a maneira de non perder o fío, de seguir desarrollando competencias socias, facendo comunidade desde a nosa biblioteca.   Cada curso é un reto; horarios, calendarios de actividades e exames, burocracia, compaxinar horarios de alumnado, familias e colaboradores e colaboradoras, é difícil. Atopar o momento para poder s aír e visitar os puntos de lectura que temos activos na vila para a veciñanza, non , non é fácil. Este ano por cuestións de horario e organización limitaremos as saídas cos grupos de maiores no centro de día  e baixamos a participación no grupo de memoria cos maiores na biblioteca" Casa Habanera". Iniciamos no instituto este proxecto de relación social e aprendizaxe entre xeracións, pero eles mesmos están agora a seguir os nosos pasos e conectando en comunidade con escolas e veciñanza, polo que a nosa semente xa está a medrar....