Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2016
Imagen
ILUSTRÍSIMA Carlos Casares   A comezos do século XX, durante o mandato de Canalejas en plena restauración borbónica, nunha cidade pequena, chega por primeira vez o cinematógrafo. A parte máis conservadora da vila e máis o clero están totalmente en contra do cine porque pensan que é un invento do diaño cuxo único fin é alterar a decencia da cidade, e polo tanto, ten que ser prohibido. Pero no medio de todo o clero atópase un home, Fernando Fanego que é bispo e ao que todos se refiren como Ilustrísima, que é máis comprensivo e bondadoso que os que o rodean, a pesar de cumprir co estereotipo de cura ao que lle gustaba a bebida e a comida. Esta confrontación interna dábase tamén en certa medida no resto da sociedade, acusando o seu actual goberno como anticlerical ou liberal polos xornais “La Verdad” e “El liberal” respectivamente, estes eran leídos polo bispo a diario xa que a el gustáballe ter opinión propia, por iso, para valorar se o cinematógrafo era bo ou malo tivo que ir
Imagen
Os vellos non deben de namorarse Castelao Esta obra de Castelao cóntanos tres historias de tres vellos que están namorados de cadansúa rapaza, pero dáse a coincidencia de que estas rapazas son moito máis novas que eles. Estes vellos son bastante ricos, polo que as rapazas intentan aproveitarse da situación. No primeiro caso, o namorado é o boticario que esta tolo por Lela, no segundo lance é Don Ramón o namorado, e rapaza, Michaela, acaba facéndose coa súa herdanza. Por último, na derradeira historia é Pimpinela, influenciada polos seus pais, quen se aproveita de Fuco. Todas as historias acaban coa morte dos vellos, dando Castelao a entender que os vellos non deben de namorase pois esas historias sempre acaban mal. Considero que nesta obra, o autor fixo unha crítica social e ao mesmo tempo unha advertencia ou consello, pois na súa época estes  casos repetíanse con frecuencia. Recomendo moito este libro porque non é para nada difícil de entender e pódese ver perfectame

ASTRONOMÍA

Imagen
Ao longo deste curso, comezando o 20 de novembro, todos estaremos pendentes do ceo, nunha liña de traballo multidisciplinaria e colaborativa. Moitas serán as sorpresas que nos agardan: para comezar unha observación das Constelacións desde a ventá da nosa propia casa, trasladada á entrada do Instituto e a este taboleiro web. Pero, como anunciamos: música, arte, matemática, historia, filosofía, física, xeoloxía... encontrarán o fío polo que engancharnos ao estudo das estrelas, os ceos, e as súas propiedades físicas. Terás novas no espazo físico e virtual do IES, non perdas nada! Dende a biblioteca poñemos a vosa disposición unha selección de libros e de páxinas WEB Se queres saber que libros temos na biblioteca sobre astronomía preme aquí PÁXINAS WEB ASTRONOMÍA: PARA COÑECER AS ESTRELAS https://trello.com/b/bEhL76IB/constelacions https://www.globeatnight.org/ http://agrupacionio.com/gl/recursos-de-astronomia http://astrojem.com/ http://www.astronomia-iniciac

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
Título: As rulas de Bakunin Autor: Antón Riveiro Coello Editorial: Galaxia (6ª edición-2010) “As rulas de Bakunin” é unha obra que recolle a esencia do momento sociopolítico vivido pola sociedade galega durante o século XX a través da traxectoria vital do seu protagonista, Camilo Sabio. Dende neno, Camilo foi un rapaz interesado polo mundo político e concienciado na loita polos dereitos do pobo; o seu principal modelo a seguir, o seu avó, é a referencia do que foi marchar ao exilio para tantos galegos e dun home comprometido coa causa de mellorar os dereitos e libedades dos seus semellantes. El, e máis tarde o seu neto, formarán parte desa poboación galega que buscou en Sudamérica a alternativa a unha vida chea de miserias e inxustizas sociais. Estevo Doldán, que así se chamaba seu avó, foi expulsado de Arxentina pola Lei de Residencia que lle impedía permanecer alí. Pese a isto, tivo o privilexio de gozar dunha educación libre en Bos Aires, o que lle permitiría ao seu

MAGOSTO

Imagen
Parece que vai chegando o frío pero no IES Poeta Díaz Castro sabemos como combatilo: castañas e chocolate quente. Así pasamos o magosto

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
O sol do verán Autor: Carlos Casares Neste libro Helena, a protagonista, ten que ir a cidade, a casa de seus pais, dicirlles que Carlos, o seu amigo da infancia, se suicidou na casa de Beiro.Así que o seu home Arturo acompañaa, mentras el conduce, ela pensa en todos os veráns que vivira con Carlos.Cando eran pequenos e xogaban no “wigwan”, unha caseta construída por eles mesmos, ou cando Carlos matara unha serpe e lla levara ao cura coma se fose un trofeo.Tamén recorda que unha vez se foran na moto do seu amigo e non volveran ata que era noite e Carmela, a nai de Helena, estaba tan preocupada porque pensara que lles pasara algo que lles prohibira montar naquel vehículo no que quedaba de verán. Cando seus pais reciben a noticia póñense moi tristes e van a Beiro para facerlle o enterro. Despois desta traxedia Helena non quere volver ver a a luz do sol porque lle recorda a todos os veráns felices. A min esta novela gústoume, aínda que me parece un pouco triste porque Carl

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
Título: No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas Autor: Laura Norton E n verdad lo que me llamó la atención de este libro fue el título (como a la mayoría de personas), por eso decidí leerlo y me encantó. Es un libro muy entretenido y fácil de leer, hace que te metas en la historia y quieras saber más de lo ocurrido. Se lee rápido y te ríes mucho, es perfecto para desconectar. Si queréis pasar un buen rato, leedlo, os divertiréis mucho, sin duda os lo recomiendo. Uxía López García, 3º ESO

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO: "LOVE YOU" AUTORA: Estelle Maskame Love You es una novela cuya portada no me llamó mucho la atención pero, si después de leerla, la tuviera que describir en una palabra sería adictiva, muy adictiva. Diré que me ha sorprendido gratamente, mucho. Es intrigante, y si algo ha hecho bien la escritora es mantenerme en vilo la intriga hasta el final. Eden tiene dieciséis años y no soporta a su padre aunque decide irse a vivir unas semanas con él a Los Ángeles. Allí estará acompaña por su madrastra y sus 3 hermanastros entre los que destacaremos a Tyler. Eden es una chica muy real y Tyler vive enfadado con el mundo; su vida ha sido difícil e injusta y por ello parece el más gilipollas y el capullo. Aunque finalmente se quita esa coraza y el romance con su hermanastra no acaba aquí. En definitiva, Love You es una historia  que te atrapa de principio a fin, se lee de golpe y tiene unos personajes muy buenos. Aunque la trama puede no ser la típica en alguno

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO: Memorias dun neno labrego AUTOR: Xosé Neira Vilas     Memorias dun neno labrego é un diario no que Balbino relata todo o que lle acontece na súa aldea. A súa familia é moi pobre e traballa a terra e o gando dun Señor.  Balbino acostuma a pensar o porque das cousas e cavilar sobre o mundo. Non ten moitos xoguetes, máis é feliz , xa que se conforma con moi pouca cousa. Só tiña un amigo pero tivo que emigrar a Ámerica ao igual que a súa xente, Balbino síntese máis solo ca nunca. Pero pronto vese obrigado, por mor dunha discusión a abandonar a súa familia e buscarse el só  a vida. Cando les este libro daste conta do humilde que era a vida deses rapaces e de que non precisamos tantas cousas como temos para estar felices. Tamén te identificas de contado con Balbino xa que é moi próximo a nós e Balbino puideron ser os nosos avós, bisavós xa que esas vivenzas non quedan tan lonxe de nos. Sabela Salgueiro García 2ºBAC

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO:Ilustrísima AUTOR: Carlos Casares A historia está ambientada a principios do século XX, seino pola influencia da igrexa no poboación, é sobre todo pola aparición das ideas da Ilustración. O autor neste libro fai unha critica moi sutil a igrexa, e faina simplemente ca aparición dun cinematógrafo nunha vila. O protagonista do libro é Fernado, un bispo cunhas ideas conservadoras. Este ten varios opositores na igrexa que son   Don Telesforo, que é un cura cunhas ideas máis cerradas que o bispo, e Don Xenaro, que é outro cura que nun principio apoia ao bispo pero que despois se cambia de bando e apoia a Don Telesforo. A trama transcorre arredor dun cinematógrafo que van instalar na vila, é unha cousa novidosa para o pobo, pero que ao bispo non lle transmite confianza, xa que leu na prensa que noutras vilas houbera problemas con estes. Por iso aproveita a súa influencia para dicirllo aos fieís que o cinematógrafo é un invento que vai en conta da relixión. Non conforme o

SAMAIN

Imagen
Celebramos o Samaín co tradicional concurso de cabazas e portas. E como non aproveitamos para airear un pouco os fondos da biblioteca cunha chea de libros que mete medo.  Bo momento para se achegar  ao misterio, ao terror da man do cine e dos  libros… aínda que hai outras cousas que de verdade meten medo e  non  son contos