Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2006

Novidades

Imagen
Estas son algunhas das novidades que podes atopar na nosa biblioteca Temos o último Premio PLANETA do autor Álvaro Pombo, La fortuna de Matilda Turpin Tamén temos o Premio Merlin 2006 do autor Austín Agra, O tesouro da lagoa de Reid'ls Tamén as novidades de nova galicia "Saber para vivir" Ademáis temos o libro Os libros arden mal do autor Manuel Rivas

GORETTI SANMARTÍN VISITA O NOSO CENTRO

Imagen
Por que ler? Por que ler en galego? GORETTI SANMARTÍN , doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa. Responsable de Normalización Lingüística da Universidade de A Coruña . 15 de novembro de 2006 4º ESO e 1º Bach ¿Queres ver as fotos ?

Doazóns de MARICA CAMPO

Imagen
A nosa compañeira MARICA CAMPO ven de donar á nosa biblioteca dúas obras que nos permitirán ter contacto cos máis importantes autores da literatura galega do noso tempo. Trátase de Palabras da montaña Cartafol poético para Alexandre Bóveda Gracias, Marica, tamén polas túas obras.

I Encontros de Bibliotecas Escolares

Imagen
Estivemos nos I Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia . Proximamente teredes oportunidade de ver as fotos do "evento" no noso Álbume de Fotos da Biblioteca.

Benvidos ó Blog da nosa biblioteca

Ola a todos! Iniciamos unha nova andaina nun novo blog que nos permitirá moitas máis funcións e "virguerías" que o que tiñamos anteriormente. Así, pois, benvidos todos. Non perdades detalle e non vos cortedes en interactuar connosco a través das vosas mensaxes, comentarios, suxerencias, etc. Saúdos