PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 24 de noviembre de 2010

A mercar libros!!


A mercar libros para a nosa biblioteca! Biblio andaba algo aburrido pois di que xa leu todos os libros da biblioteca e quere máis. Nos sei si será certo, a min paréceme moito ler, pero, claro, el está todo o día alí metido. Se cadra hai algúns libros que no lle interesan,  que lle parecen aburridos, moi gordos…como a case todos, vaia. Como case sempre son os profes os que mercan os libros  esta vez decidimos facer algo distinto, a ver si así Biblio atopa algo diferente e máis ó seu gusto. Esta vez foron so alumnos os que mercaron os libros. É ala fomos cun selecto grupo dos nosos mellores e máis asiduos lectores. No FNAC vimos moitas cousas e moi interesantes. Despois de dar volta e voltas, de coller un libro, cambialo por outro,  coller outra vez o primeiro, consultar cunha compañeira, votar a deixalo, etc.  fixemos a nosa selección. Logo xuntámonos un rato na cafetería do librería e cada un ensinou ó resto os libros escollidos e explicou o por que da súa elección. Tras pasar  pola caixa (iso sempre é o peor) saímos coas nosas bolsas ben cargadas de aventuras, paixóns, dramas, celos, batallas, viaxes, peixes, amor,  etc. cheíños e satifeitos. Esperamos que Biblio quede contento, pois entre tanta variedade seguro que atopa algo do seu gusto. Antes de volver a Guitiriz visitamos a biblioteca González Garcés. A visita foi interesante xa que a biblioteca e impresionante, pero resultou un pouco aburrida, pois a persoa encargada de guiarnos por ela non resultou moi amena. Esperábamos algo máis activo. En fin. Chegamos ó insti e  deixamos os libros na biblioteca. Seguro que Biblio pasou unha noite entretida. Os demais teredes que esperar uns días para gozar deles. 
Gracias á biblioteca do IES de Vios pola idea

1 comentario: