PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Matemáticos hoxe

O mércores 27 estivo con nos o profesor Juan Manuel Viaño Rey, catedrático de matemática aplicada na Facultade de Matemáticas da USC. Desenvolveu a conferencia “Matemáticos hoxe”, dirixida aos alumnos de 4º de ESO e Bacharelato,

Mostrounos como as matemáticas, en particular as desenvolvidas en Galicia, están inmersas en todo o que nos rodea desde os móbiles, as claves “paswords” que se utilizan para restrinxir o uso de acceso ás nosas contas de internet ou das tarxetas de crédito, ata a predición do tempo que se fai ut lizando o super ordenador “Finisterrae” instalado no campus universitario da USC en Santiago, ata estudos matemáticos para proxectos industriais como a fabricación de volantes de automóbiles ou estudos para mellorar a saúde bucodental das persoas, mediante a colocación das “estreliñas” que reposicionan a situación dos dentes nas mandíbulas.

Por outra banda desmentiu a crenza de que os matemáticos teñen como única saída ser profesores, nestes momentos máis do 50% dos novos matemáticos teñen a súa saída profesional no mundo das empresas, como por exemplo a banca.


A opinión xeral foi que a conferencia resultou amena polos guiños que a longo dela foi facendo para que os alumnos participasen de xeito espontáneo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario