premios literarios Arcebispo Juan de San Clemente



O pasado 9 de novembro tivo lugar no IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, a entrega de premios literarios Arcebispo Juan de San Clemente. Alí estivemos. Seis alumnos do IES Poeta Díaz Castro, que participaran como xurado para a concesión dos premios, acompañados por dous profesores, leron a acta de resolución e fixeron entrega dos galardóns, xunto con outros compañeiros doutros institutos participantes, aos escritores premiados. Foi un acto conmemorativo entrañable no que tamén houbo lugar para o recordo de figuras tan sinaladas como José Saramago ou Mario  Vargas Llosa, ambos premio Nobel, que en edicións anteriores tamén foran recoñecidos co galardón San Clemente, ou, de escritoras do noso país de recoñecido prestixio como Rosa Aneiros.
O acto rematou no Hostal dos Reis Católicos, nunha cea de confraternización entre todos os asistentes (escritores, editores, políticos, artistas plásticos...) na que os alumnos tiveron oportunidade de compartir mesa cos seus autores preferidos nesta XV edición: Inma López Silva e Ignacio Martínez de Pisón. O gran ausente, Henning Mankell, desculpou a súa ausencia por motivos persoais, pero prometeu estar  con todos nós na próxima edición para a que xa quedamos invitados

Comentarios