Cabazas, Lume e Castañas

 


Cabazas, Lume e Castañas.



 

Este venres trece de novembro, foi o día elixido para facer o noso magosto coa axuda do alumnado de FP Básica. Eles foron os encargados de facer lume  e liberar así as almas, asando as castañas, en tempos de distancia e illamento social.
A xornada de degustación, organizada por quendas, rematou coa entrega de BIBLIO PREMIOS SAMAÍN 20 ao alumnado do primeiro ciclo da E.S.O, protagonistas da decoración das cabazas máis creativas, que viñeron acompañadas de textos terroríficos para espantar os malos espíritos.



Creadores das cabazas máis votadas.

As cabazas máis votadas.

As cabazas gañadoras.

Grazas a todo o alumnado que se animou a participar 
 e ao profesorado implicado para levar esta actividade adiante .











Comentarios