Máis sobre as nosas lecturas

Aviso urxente: Eva Mejuto visítanos o 24 de xaneiro!

Será nunha dobre sesión: xuntanza co profesorado que anda a ler -colámolo entre as outras propostas- Memoria do silencio, e co alumnado do Club de Lectura para comentar 22 segundos.

Aproveitamos tamén este espazo para enlazar cun pequeno vídeo no que a rapazada asistente á actividade "Lecturas presenciais" vai encadeando historias que coñece despois da lectura dun fragmento de Guerra, de Janne Teller: o desastre de Chérnobil, por exemplo, ou as últimas películas de Batman... Tamén saíu na conversa a referencia a O agasallo de Anya, de Sabela Núñez Singala, que algúns tiñan lido.








Comentarios