PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 22 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS NO MERCADO


Para conmemorar o día das Letras galegas volvemos, outra vez, ó mercado de Guitiriz a ler poemas, cantalos, tocar música e sobre todo compartir este día con todos os veciños da vila. Pero ademais este ano quixemos facer este acto máis cercan ó pobo convidando a participación ó colexio de Lagostelle e a Escola de Música de Guitiriz.
Alumnos do instituto e o colexio leron poemas de Xosé María Diaz Castro, Marica Campo, Manuel María,Rafa Villar, Eva Vaiga, Darío Xohan Cabana, Pilar Pallarés, etc.
A parte musical correu a cargo de alumnos da Escola de música de concello, que interpretaron tres pezas tradicionais, e de alumnos de música do instituto, que interpretaron tres poemas de Xosé María Díaz Castro: “PENÉLOPE” de, “Coma un Río”, e  “A noite é...”, pertencentes o poemario NIMBOS. A música dos poemas está composta pola profesora do centro Sandra Tenreiro, pensada en todo momento para ser interpretada por alumnos de esta etapa educativa na que xa teñen conceptos básicos de harmonía e uso da voz para poder levalos a cabo.

A lectura de poemas  por parte dos rapaces dos centros, o son da Banda de Gaitas  un Trío de frauta e dúas guitarras da Escola Municipal,  xunto coa  interpretación de poemas musicais inéditos interpretados polos alumnos, resultan un programa orixinal e completo para conmemorar este día.

Os pequenos do colexio o fixeron especialmente ben, vese que detrás hai  moito traballo. A interpretación musical que foi estupenda. Esixiu un importante esforzo por parte dos alumnos e a súa profesora que esperamos quedara releixado na súa actuación

A conexión establecida entre literatura e música a través de este proxecto, é fabulosa. Os rapaces vense na obriga de ler os poemas e somerxese neles para acadar a interpretación desexada, poñen os seus coñecementos musicais o servizo da palabra.
Favoreceuse o desenvolvemento da sensibilidade artística nun campo moito máis amplo que a propia música soa podería acadar, abríndose as portas a unha expresión artística diferente para os alumnos e enriquecedora, xa que nalgúns casos xa eles mesmos póñense a compoñer ideas novas que non contaban ter na súa cabeza.
Con esta celebración estreitamos a nosas colaboracións co colexio, iniciadas xa coa actividades de “Compartindo Contos” e a escola de música do concello. Esperamos para ó ano a participación doutros colexios da zona.

Nuns día esperamos ter un vídeo coas imaxes do acto. De momento podedes ver algunha fotos
Se queres ver máis fotos dos músicos pincha aquí
Se queres ver máis fotos dos lectores pincha aquí




No hay comentarios:

Publicar un comentario