Hai
xa case un mes que estivo con nos Dores Tembrás, filóloga e
escritora galega, para adentrarnos na cociña da escritura e argallar
nas entrañas da palabra, das palabras pequeniñas e cotiás,
explorando as súas potencialidades emotivas, esas que as conectan co
noso mundo máis íntimo e que transforman a realidade na "nosa"
realidade, a máis persoal, a intransferible, nunha realidade única.
Con Dores Tembrás viaxamos ao mundo do sensible, ao mundo da
creación poética. Unha experiencia moi interesante co alumnado de
1º e 2º da ESO que, entre outras cousas, permitiunos recordar que a
"inspiración" só nos asalta cando estamos traballando. Se
queresde ver algúns froitos do obradoiro premede aquí.
Comentarios
Publicar un comentario