PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 24 de febrero de 2014

REUNIÓN BECAS FUNDACIÓN BARRIÉ


O mércores 19 de febreiro celebrouse no noso IES a reunión de presentación dos 5 Proxectos de Innovación Educativa que foron seleccionados por EDUCABARRIÉ na súa Convocatoria de Proxectos Escolares 2013/14.

A reunión acudiron o Director da Fundación Barrié, Javier López; a Directora de Investigación e EducaBarrié, María José Mariño; a Asesora educativa de EducaBarrié, Susana Vázquez, e o profesorado que desenvolve os proxectos: Xaime Varela do Instituto Español Cañada Blanch de Londres (Fala Londres); José Viñas do IES David Buján (Ciencia cidadán na escola); M. T. Iglesias Polo do C.P.R. San José de Pontedeume (Construíndo a cultura do pensamento eficaz hoxe para mañá); M. Pérez Hernández do Centro Integrado A Xunqueira de Pontevedra (Proxecto de colaboración A Xunqueira Amencer) e Olga Aguiar do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz (Tralas pegadas de Díaz Castro. Un roteiro interactiva pola poesía, o lugar e a persoa).

A reunión amosou o elevado nivel das intervencións educativas seleccionadas, o seu rigor e capacidade de aglutinar intereses moi variados do profesorado para mellorar a práctica docente, a captación do talento do alumnado e os incentivos en coñecemento e implementación das novas didácticas e tecnoloxía nas aulas.

Todos os proxectos serán elaborados neste curso escolar e poranse a disposición da comunidade educativa co compromiso de compartir e espallar as súas experiencias. Unha oportunidade para visibilizar a capacidade do profesorado con inquedanzas e desexo de formación permanente. Para o noso Centro unha oportunidade máis de desenvolver un proxecto interdisciplinar, vinculado á cultura e entorno do alumnado.

Antes de iniciar a reunión un grupo de alumnas de 2º de BAC (gracias Amanda, Nerea, Eva, Lidia e Laura) prepararon e realizaron unha presentación do noso centro, dos traballos e actividades que se desenvolven nel, da nosa vila e, por suposto, na data na que estabamos, do poeta que da nome ó centro e a nosa biblioteca. Despois Oscar e Eva agasalláronnos coa lectura duns poemas e por último puidemos coñecer de primeira man a un pequeno Díaz Castro que falou, nunha mestura de linguas, dalgúns episodios da súa vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario