PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 25 de febrero de 2014

CENTENARIO DÍAZ CASTRO 3

O mércores pasado tivemos unha xornada bastante movida. Pola mañá recibimos ós alumnos do CPI López Suarez de Friol e ós do club de lectura do IES Urbano Lugris de A Coruña. Que a que viñan? pois a celebrar con nos o centenario do nacemento de Díaz Castro. Xuntos e un tanto apretados no salón de actos puídemos ver o documental aLus do Mundo, facer algúns dos xogos sobre o documental e a poesía de Díaz Castro guiados por alumnos de 1º e 4º de ESO, escoitar algúns dos seus poemas, incluso en francés, recitados por Oscar e Eva, cantar con karaoke e todo... para rematar cun “cup´s song” inspirado nos versos do poeta, que con maior ou menor fortuna fixemos polos corredores e hall do insti. Unha xornada movida e divertida para celebrar ó noso poeta. Se queres ver máis fotos pincha aquí (gracias a suso polas fotos)



Mentres no salón de actos (e nos corredores e no Hall) celebrábanse os actos do centenario na biblioteca tiña lugar a a reunión de presentación dos 5 Proxectos de Innovación Educativa que foron seleccionados por EDUCABARRIÉ na súa Convocatoria de Proxectos Escolares 2013/14.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada