CENTENARIO DÍAZ CASTRO


Este mércores 19 de febreiro celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

Con este motivo, a biblioteca e o conxunto do equipo docente e alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz anima a toda a comunidade educativa galega a celebrar con nós esa data tan especial proxectando nos vosos centros o documental que o curso pasado realizaron os nosos alumnos en colaboración con
Paseny Vean comunicación: "A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro" (pincha aquí para ver o documental)

Tedes a vosa disposición unha proposta de actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía de Diaz Castro,
realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro da especialista Chus Otero. Como veredes os xogos son sinxelos, para facer de xeito individual cun ordenador ou na clase cun proxector. Podedes baixalos pinchando no título. Recordar despois de facelo de non gardar os cambios, para podelos usar de novo.
3-.Palabras cambiadas

Tamén dispoñedes de música para cantar, composta pola nosa compañeira Sandra Tenreiro.



Se queredes ver todo o material podedes ir tamén a: 

Comentarios