Propostas dos lectores


Eva Fernández Paderne preséntanos dúas lecturas

Título: Moncho e Dríar.
Autor: María García Yáñez.
 
  Este libro cóntanos como todos pese a ser moi diferentes, podemos ser amigos. Esta mesma ensinanza é a que nos quere transmitir a autora a través de Moncho, un mozo do ano 2000, e Dríar, un mozo do milenio 5000. Dríar ve a Moncho nunha grabación e decide montar nunha nave do tempo para coñecelo;queda con el porque se sinte mellor rodeado de xente que nun mundo no que as máquinas predominan a sociedade e non hai sentimentos. Paréceme unha bonita historia de amizade.



Título: Atrapado na torre.
Autor: Xoán Babarro e Ana María Fernández.

   Chrystyan é un neno que cre na maxia, pero non descobre o seu poder ata que Bosco, un ancián do pobo, o invita a probar se posúe poderes máxicos. Deste xeito, Chrystyan emprende unha viaxe chea de aventuras e perigos, ata que finalmente consegue o seu propósito: ser un mago. Este é un libro que nos amosa como o noso esforzo e maxia interior poden levarnos moi lonxe, ata cumprir  os nosos soños.

Eva Fernández Paderne

Comentarios